Xov, 01 Out 2020, 11:39
Asunto: Re: Por un 2021 sen cotas federativas
Jacobo, eu penso que esto non ten moito debate porque as cifras obviamente ahí están, tivemos carreiras populares de todo tipo ata marzo, campionatos non solo en pista, porque tivemos varios campionatos de Campo a través tamén, eu falo no meu caso, neste 2020 con todo o desastre que tivemos puiden competir en máis de 20 probas, e nestes momentos seguimos a facelo, de xeito autonómico e nacional, o que suceda no 2021 penso que é unha incógnita para todos, polo tanto, eu penso que sería máis factible solicitar unha reducción da cuota deste 2020 por exemplo por non poder ter competido en campionatos en ruta, que solicitar un 2021 exento, no que non sabemos que vai suceder pero a día de hoxe cada vez podemos ir competindo máis.
Ollo, eu apoio ao 1000x1000 que tiveramos axudas a tope, que a federación tivera unha gran axuda do goberno, de europa, concellos ou quen toque para que a licencia fora gratuita, e sobre todo as dos cativos, pero sendo realistas e sobre todo coñecendo como están as cosuas e como levan estado nos últimos anos... imos ter sentido e pedir cousas coherentes que deixamos pasar, como non ter instalacións axeitadas para este deporte con semellante número de licencias, pero ahí sempre costa poñerse de acordo para pedir nada e van pasando os anos...e seguimos vendo como centos de miles siguen a fluir para campos de fútbol ( benvidos sexan por certo ).
Supoño que a petición debería ir dirixida a secretaria xeral para o deporte por exemplo.
E por outro lado obviamente está a liberdade de non federarse, se cando vas correndo te lesionas, estás cuberto con ou sen licencia, e de ser nunha proba deportiva, con ou sen licencia a proba ten seguro.
Claramente en Galicia existen moitos máis corredores sen federar que federados.
www.youtube.com/channe...subscriber