Kurty escribió: |
Pois para o meu modo de ver, a Media de onte foi un éxito, claro está, adaptada as condicións que tiña que cumprir. Protocolos moi estrictos, moitos colaboradores pendentes de que se gardaran as distancias antes, durante e despois da proba. Ata o tempo acompañou, xa que fixo unha mañán moi boa para correr, e sobre todo non choveu, que ese podería ser o gran problema caso de facelo, xa que tiñamos que estar 10' antes das respectivas saidas de cada un dentro da zona acotada situados nas marcas correspondentes, e ir avanzando según ian saindo corredores. Un gustazo voltar a poñer un dorsal, ademáis por partida dobre peito e lombo. Avituallamento en bolsas individualizadas e numeradas para cada un dentro das carpas que montaron os menbros da Brilat, que un ano máis ahí estaban colaborando. E agardamos que para o ano a poidan facer sen nengunha medida anticovid. |