Xov, 19 Nov 2020, 12:34
Asunto: Re: TRAIL DO XURÉS (29.11.2020)
Eu prefiro non entrar directamente na miña opinión persoal de todo esto porque daría para moito e ademáis penso que non é o lugar axeitado, no club procuramos sempre facer licencia ao 100% dos atletas porque consideramos que sobre todo polo seguro, administración do club, posibilidades para os atletas en canto a competicións etc... sempre foi a mellor opción, e persoalmente penso que as licencias de atletismo son moi moi baratas, coñecendo as de outros deportes, pero cada deporte ten a súa xustificación e as veces loxica, certo que sempre hai criticas posibles de administración de recursos etc..
No de adestrar de xeito individual mandando un plan, ahí non podo estar de acordo porque levo moitos anos adestrando xente e nun porcentaxe si, é totalmente viable aínda que non sexa o ideal, pero para moitísima xente é fundamental adestrar de xeito presencial, e tamén sería extenderse moito nas explicacións que a grandes rasgos todos coñecemos.
Pero obviamente entendo ao que te refieres, nin estar federado te fai máis inmune nin a posibilidade de xuntarse máis xente baixa os riscos de contaxio, pero ahí entran os protocolos de distancias, estar ao aire libre, aforos limitados, grupos limitados, mellorar o sistema inmune gracias a esa práctica etc etc..
Penso que se poderían mellorar moitas cousas, pero tal como se foi desenvolvendo todo, penso que imos por bo camiño sempre que sigamos a remar todos na dirección de querer sair adiante e sexamos conscientes de que pecharnos non é nin será solución,
www.youtube.com/channe...subscriber