Mar, 29 Dec 2020, 0:29
Asunto: Re: Diario de Meigalicix
Un mes sen actualizar o diario.
Iso non significa que non tivese plans nin intencións. Pero hai veces en que nin un máster "Pollastre" en conciliación é abondo para facer fronte a segundo que situacións. Neste caso, a de ter ao meu eterno utilleiro e preparador fÃsico de baixa por operación de artrose de cadeira. Turrar da axenda doméstica e laboral neste escenario non deixa marxe para a vida atlética oficial, o que non quere dicir que os músculos estivesen parados. Máis ben todo o contrario, ao ter que facer a parte de traballo de quen está de baixa médica.
Prometinme que nos dÃas de vacacións de Nadal retomarÃa as táboas de exercicios, para unha vez reforzada a musculatura das pernas , retornar aos trotes cochineros dominicais, e de aà subir a 3 saÃdas por semana.
Ata agora conseguino 3 dÃas, pero xa tocou volver parar, pola chuvia, as compras de Nadal pendentes, as xestións en bancos e oficinas , os minifundios cheos de herba na favela aos que tocaba pasar a gadaña a mán por estar a herba moi alta e mollada como para arrasar coa Viking, as horas cociñando para o dÃa 24 e 25 , tanto ten que só fósemos unha burbulla convivinte, aquà vivimos e comemos como galego,s en plan Gadis, e sempre se acaba cociñando un mundo...
Polo menos non subÃn de peso, o que xa ten mérito nestas datas. Unha pequena nota positiva para compensar os resultados da densitometrÃa ósea que me fixeron hoxe: Osteopenia leve na cabeza do fémur, e moderada nas vértebras lumbares... Risco moderado de aplastamento de vértebras . Pregúntome que pode significar, que consecuencias pode ter isto se realmente volvo a trotar 3 dÃas á semana.
Snifff, Armando, qué poderÃa dicir máis... que efectivamente esta tarde vin chover, e vin xente correr (con e sen zapatillas) , e non estaba eu, e xa, definitivamente, tampouco estabas tÃ
www.youtube.com/watch?v=bDLF_j5u450