Mar, 08 Dec 2020, 8:54
Asunto: Para as Organizacións - Melloras para o futuro
escoitando o outro día na radio falar a un fulano, comentou o proxecto
treesnottees.com/ "Árbores, NON camisetas"
Xente que en lugar de dar camisetas conmemorativas dedican esos cartos da inscrición a plantar árbores.
Creo que nesta comunidade falamos xa moitas veces o asunto e a quen máis quen menos
gústalle ter un recordo da proba na que participou, pero tamén a maioría ten máis camisetas das que pode regalar.
O de arriba é só un exemplo das alternativas ás que se pode dedicar parte da inscrición. Xa sexan "
solidarias" ou non

, personalmente prefiero que a porcentaxe da miña inscrición (a que fose) se dedicase a plantar árbores, á cociña comunitaria, mercar material escolar para quen o precise na comunidade, pagarlle unha persoa para que durante un mes na finde dé un cursillo de ximnasia ou aprender a correr na parroquia, ... o que fose.
Comprendo que o termo "organización" é moi amplo, e algunha organización dalle igual que sexan camisetas ou chourizos (outra idea!!

) pero as
organizacións de verdade, as asociacións deportivas, de veciños, comisións de festas, .... seguramente realizarán unha comunicación máis efectiva con algo diferente a unha camiseta que vai a unha caixa e queda esquecida. Dádelle voltas á cabeza nestos meses que temos tempo para ver cómo promocionar o voso produto de xeito orixinal e ó mesmo tempo
non contribuír a xerar lixo cando volva a xente ás carreiras. Debedes saber que volveremos.
Por min como se simplemente non a "regalades"

, incluso creo que vouna rexeitar cando ma entreguen (que non despreciar), como xesto político.

Xa veremos.
E finalmente, tamén se poden evaluar todos os procesos organizativos. Unha
crisi é un período de oportunidades.
Est.2008 mastodon.gal - Libros "Run&Endurance"
Última edición por ghose o Mér, 09 Dec 2020, 5:26; editado 1 vez