Foros ›
Autor
Mensaxe
Sansilvestresantiago

Novo foreiro
Novo foreiro
6/12/18
0 Carreiras
36 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 23 Dec 2020, 14:24
Asunto: SAN SILVESTRE COMPOSTELÁ' 20

Estamos desexando poñer fin a este ano, pero non queremos deixar de despedilo como xa é tradición, e por suposto, con todas as medidas de seguridade. Ademais todo o recadado nesta edición será doado a Cruz Vermella Santiago

Podedes inscribirvos xa en Frecha bit.ly/sansilvestre20-santiago

Exclamación IMPORTANTE!
Límite 300 participantes
Só terá carácter federado


Sansilvestresantiago

Novo foreiro
Novo foreiro
6/12/18
0 Carreiras
36 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 26 Dec 2020, 15:14
Asunto: Re: SAN SILVESTRE COMPOSTELÁ' 20

Angel Pasacheste coas comidas de Nadal? Pois ven a queimar o turrón e a despedir o ano con nós... eso si, con todas as medidas de seguridade, para que poidamos desfrutar da #SanSilvestreCompostelana20 sen riscos.

Lembra que todo o recadado coas inscricións e as doazóns a través do "Dorsal 0" irán destinadas a Cruz Vermella Santiago

Inscribídevos en Frecha bit.ly/sansilvestre20-santiago ata o días 29 ás 23:59

Frecha Límite 300 participantes
Frecha Só terá carácter federado


Sansilvestresantiago

Novo foreiro
Novo foreiro
6/12/18
0 Carreiras
36 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 27 Dec 2020, 11:32
Asunto: Re: SAN SILVESTRE COMPOSTELÁ' 20

Exclamación 2 DÍAS PARA PECHAR INSCRICIÓNS

Non vos perdades a carreira con máis tradición do ano, e deixémos este 2020 atrás, correndo

Inscribídevos xa en Frecha bit.ly/sansilvestre20-santiago ata o días 29 ás 23:59

Exclamación Límite 300 participantes
Exclamación Só terá carácter federado
Sansilvestresantiago

Novo foreiro
Novo foreiro
6/12/18
0 Carreiras
36 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 28 Dec 2020, 11:10
Asunto: Re: SAN SILVESTRE COMPOSTELÁ' 20



[b]
punchinel

Novo foreiro
Novo foreiro
9/06/12
0 Carreiras
35 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 28 Dec 2020, 17:54
Asunto: Re: SAN SILVESTRE COMPOSTELÁ' 20

Boas.
Un duda sobre as carreiras organizadas baixo o protocolo da FGA.
¿O tema dos adiantamentos? ¿Cómo se faría correctamente? Acercándose o más rápido posible e gardando o 1,5mt laterais? Ou... Cómo.
Porque 10 meses sen participar en ningunha e non me gustaría que xa me descalificaran na primeira...
Sansilvestresantiago

Novo foreiro
Novo foreiro
6/12/18
0 Carreiras
36 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 28 Dec 2020, 18:48
Asunto: Re: SAN SILVESTRE COMPOSTELÁ' 20

Boa tarde Punchinel,
Tanto na saída como nos adiantamentos, é obrigatorio manter en todo momento a distancia de 1,5 metros.
Axúntoche o párrafo do regulamento:

"Deberá gardarse en todo intre a distancia mínima
de 1,5 metros de separación tanto na saída da proba, como se se produce algún
adiantamento entre corredores durante o transcurso da proba. Non respectar esta
distancia pode ser causa de descualificación do atleta que infrinxa dita norma"

Un saúdo!
Sansilvestresantiago

Novo foreiro
Novo foreiro
6/12/18
0 Carreiras
36 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 28 Dec 2020, 18:51
Asunto: Re: SAN SILVESTRE COMPOSTELÁ' 20

CATEGORÍAS E PERCORRIDOS

Nesta edición da #SanSilvestreCompostelá20 haberá unha categoría única, e a saída realizarase desde o interior do Estadio municipal Verónica Boquete de San Lázaro a partir das 16:30 horas da tarde
Os corredores deberán presentarse na liña de saída segundo o horario previo publicado pola organización e percorrerán unha distancia aproximada de 4.800 metros.
Lembrade que podedes inscribiros ata as 23:59, de mañá en Frecha bit.ly/sansilvestre20-santiago e que a proba é de carácter solidario, a favor de Cruz Vermella Santiago

Exclamación Límite 300 participantes
Exclamación Só terá carácter federado




Sansilvestresantiago

Novo foreiro
Novo foreiro
6/12/18
0 Carreiras
36 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 29 Dec 2020, 9:27
Asunto: Re: SAN SILVESTRE COMPOSTELÁ' 20

ÚLTIMO DÍA DE INSCRICIÓN!!


Hoxe ás 23:59 remata o prazo para que vos podades inscribir na #SanSilvestreCompostelá20

Inscríbete xa en Frecha bit.ly/sansilvestre20-santiago
Exclamación Límite 300 participantes
Exclamación Só terá carácter federado
Sansilvestresantiago

Novo foreiro
Novo foreiro
6/12/18
0 Carreiras
36 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 29 Dec 2020, 14:29
Asunto: Re: SAN SILVESTRE COMPOSTELÁ' 20

COMUNICADO OFICIAL

COMUNICADO DA CONCELLEIRA DE DEPORTES
Desde o Concello de Santiago de Compostela, lamentamos comunicar a suspensión da “VIII
San Silvestre de Santiago” prevista para o 31 de decembro de 2020. Esta decisión foi
acordada xunto coa Federación Galega de Atletismo en vista ao baixo nivel na dinámica de
inscrición nesta proba solidaria.
No que respecta aos atletas que formalizaron a súa participación, infórmase que se procederá
á devolución da inscrición a través da propia plataforma.
Agradecemos a comprensión e colaboración de todas e todos e desexámosvos un 2021 cheo
de deporte e saúde.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2020
Mª Esther Pedrosa Carrete
CONCELLEIRA DE DEPORTES








Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos