Dom, 27 Dec 2020, 17:35
Asunto: Re: IV Trail / Andaina San Silvestre - Lousame 26*27/12/2020
Pois rematada sen novidade este duro trail, ao que houbo que engadirlle a dureza que xa tiña de por si, o mal estado no que se atopaban as corredoiras e camiños polos que transitamos.
Cando chegamos o lugar, ainda estaban rematando de dar a saida as derradeiras tandas do trail longo, recollidas de dorsais, charleta con varios coñecidos das carreiras, que non via dende hai moito tempo, e para o coche a cambiarse e de volta quentando para o lugar da saida.
As duas primeiras tandas de 12 por ranking, e despois de 12 en 12 o chou en intervalos de 30 segundos, cada un de nos tiña un punto verde no que se situar para gardar a distancia de seguridade.
Saida en subida, ca mascarilla posta ata un punto marcado, creo que a 800 mts., sensación máis mala a de correr ca mascarilla, (tivemos que voltar a poñela a uns 300 mts. da chegada).
O percorrido consisteu nunha chea de subidas e baixadas encadenadas, e con bastantes tramos relativamente chans nos que se podía correr bastante ben, con tendencia a subir os derradeiros Kms e cunha subida moi dura por un cortalumes, quitando esa subida e un par de tramos máis, para a xente que este acostumada ao monte creo que podían correr/trotar durante todo o trail.
Eu con moita precaución sobre todo nas baixadas, procurando mirar onde pisaba, xa que había algúns puntos que estaban moi mal pola chea de auga que corría por eles, e co paso dos numerosos corredores quedaban convertidos nun auténtico lodazal.
Cando cheguei eu, xa estaban ca entrega da premiación, recollida de bolsa, considero que moi escasa, sobre todo para os do trail longo, xa que só constaba dun botellín de auga, unha laranxa e un croissant. Había mazans e platanos nunhas mesas.
En resumo, contento por voltar a participar nunha carreira, pero sigo sen encontrarlle o punto para que me enganchen os trails.
Imaxino que como ainda van pasar moitos meses, ata que fagan probas de asfalto, se celebran outros trails que non me queden moi lonxe tentarei participar nalgún máis.
Darlle a noraboa ao Concello de Lousame, por arriscarse a facer esta proba, e que sigan con ela en vindeiras edicións.