Mar, 26 Xan 2021, 6:41
Asunto: Colabora con OpenStreetMap
Ola!
moitas persoas que corremos, damos paseos, imos en bici, ...
gravamos a ruta en dispositivos móbiles, reloxos, ... e quedan
esquecidas para sempre.
Trátase de información moi útil!
Imaxe de Garmin usando a información de OpenStreetMap
Podemos subir esa información a OpenStreetMap cando, por exemplo, vemos que
un camiño polo que acabamos de correr non aparece no mapa. Subes o ficheiro .gpx; creas un novo camiño guiándote pola túa propia ruta; daslle a gardar e moi pronto ese camiño aparecerá no mapa
No artigo hai u
n vídeo (con subtítulos) onde se ve o simple do proceso.
StreetComplete
Cando paseamos, podemos
xogar a StreetComplete. Creo que calquera da
ruta do colesterol ata un machaca do asfalto pode axudar á súa comunidade. Preséntalla ás túas amizades. É como o dos pokemons, pero útil.
Consiste en
colaborar coa túa comunidade mellorando a información pública dispoñible. Calquera persoa sen coñecementos técnicos ou informáticos pode colaborar identificando elementos de accesibilidade, tipo de sinalización, superficie, iluminación...
Fonte:
Colabora con OpenStreetMap (I e II)
FitoTrack
OpenTracks
Est.2008 mastodon.gal - Libros "Run&Endurance"