Xov, 25 Mar 2021, 16:52
Asunto: Re: Certificado de Vacinación para ir a Carreiras
Pois un que está recén vacinado con Astrazeneca, 24 horas xustas.
E polo de agora moi ben, esta mañán cando me levantei, notaba un pouco revolto o estómago, e dor no brazo cando o levanto lateralmente por riba do hombro.
Así que como hoxe e mañán teño libres no curro (deberon aproveitar para vacinarme
, por si me poñía malo xa non faltaba
) decidín sair a correr, xa que sei de xente que as primeiras 24 horas ben e despois viñeronlle síntomas.
Fixen 12 Kms. regulando a 4'50" e agora pola tarde o estómago casi non noto nada, o brazo igual, e noto un pouquiño de dor de cabeza, máis ben parece tipo resaca a sensación e eso que hai moitísimos anos que non as teño.
Agardemos que tal como di a Unión Europea e Goberno Central no vindeiro mes de Abril, veñan todas esas remesas multitudinarias de vacinas, e se empece a xeneralizar a vacinación.
Non creo que aquí en España pidan certificado de vacinación para asistir as carreiras, non o descarto nas maratóns europeas multitudinarias que non teñen prazas para todas as persoas que o solicitan, entre todo o mundo acadarían corredores dabondo.
P.D.: Tomei un Paracetamol 30' antes do pinchazo e outro onte antes de deitarme.
Un saudiño.