Ven, 26 Feb 2021, 8:26
Asunto: Re: ¿ Correr con o sin mascarilla ?
É curioso o pouco esforzo que poñen en matizar certas situacións para facer deporte, comparado co caso de fumar, que é o seguinte punto. Será que o comité de expertos da xunta consideran que é máis nociva unha persoa correndo que un fumador:
"1º) A obriga de uso de máscara será exixible en todo momento durante a realización da práctica deportiva individual ao aire libre.
2º) No caso particular de consumo de tabaco ou de cigarros electrónicos, ou alimentos e bebidas, na vía pública ou en espazos ao aire libre, só se poderá exceptuar a obriga de uso de máscara, e exclusivamente durante o indicado consumo, sempre que a persoa o efectúe parada e fóra dos lugares habituais de circulación dos viandantes, de tal xeito que, tendo en conta a posible concorrencia de persoas e as dimensións do lugar, poida garan-tirse o mantemento, en todo momento, da distancia de dous metros con outras persoas. O anterior será aplicable tamén para o uso de calquera dispositivo de inhalación de tabaco, pipas de auga, cachimbas e asimilados."
Como experiencia persoal dicir que, trotando, en principio si podo ir coa máscara "colocada" (subida por enriba do nariz, dando o pego; ceñida e perfectamente situada, correndo, é outro cantar, e menos sen ira manoseando -cousa non recomendada- todo o tempo), pero en canto lle meto intensidade facendo series éme moi complicado coller aire. E eso que a máscara que levo é quirúrxica, non quero pensar o que será levar unha ffp2.