Dom, 11 Xul 2021, 21:10
Asunto: Re: Diario de Meigalicix
Semana do 5 ao 11 de xullo
O luns tocou pasar pola fisio. Por unha banda boas novas, xa que o piramidal e os xeonllos estaban ben, pero os glúteos moi cargados. Sesión intensa de masaxes e correntes, pero creo que vou ter que complementar con xeo ou algo asi
Martes saída a correr pola mañá. Inesperadamente pola tarde tiven que facer unhas xestións por Vigo adiante, e como me dou por volver a pe, rematei facendo máis de 30.000 pasos ese día. Unha brutalidade para min, pero calderilla barata no desafío de pasos deste mes. Din que é un desafío "para mortales" , pero as 14 persoas de cabeza deben ser parientes de Heracles.
Mércores basicamente leiragym e traballo doméstico.
Xóves Segundo trote da semana (sumando case 18 km co anterior). Os glúteos seguen a molestar, e a subida de temperatura tamén, asi que saiu un ritmo especialmente lento, de 5: 53
Venres : Recados polo centro de mañá e de tarde, sumando unha boa ración de andaina.
Sábado: Limpeza de portais pola mañá, e saída ata o Calvario pola tarde, que serviu para manter o ritmo de 20.000 pasos diarios
Domingo: Último trote da semana. E de guinda do pastel, paseo pola muralla de Lugo, como primeira etapa destes días de vacacións fora da facela.
Remata a semana con case 27 km de trote ( a ritmo de 5:50, niso non hai cambios) e un promedio de 15.000 a 20.000 pasos diarios. Para a miña sorpresa , esta tarde cando pasei os datos na páxina do Garmin , estaba no posto número 10 . Non é que teña maior importancia, pero teño que confesar que me sorprendeu, e tamén me fixo un chisco de ilusión, para que negalo.
O caso é que de aquí ao xoves andarei de xeoturismo por Ancares, e aínda que faremos rutas polo monte, haberá moito desprazamento en coche, e seguro que a media de pasos diarios baixará moito. Espero polo menos chegar aos 10.000 pasos de obxectivo .
Xa veremos ...