Foros ›
XXXXIV C.P. San Martiño 2021 Ourense
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
xuncall

Foreiro infantil
Foreiro infantil
9/05/10
30 Carreiras
102 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Mar, 02 Nov 2021, 16:41
Asunto: Re: XXXXIV C.P. San Martiño 2021 Ourense

xuncall escribió:
Keka77 escribió:
Graciñas
Si alguén e da zona de Ourense e o poidera coller pois sería de agradecer, lle pasaría o meu número en privado.


Estou na mesma situación... Son de Coruña e só se poden coller os dorsais o día anterior e en Ourense Enfadado

Alguén taaaaan amable de coller o dorsal?? Avergoñado

Por outra banda, se non entendín mal, no regulamento di que unha opción á presentación da PCR ou antíxenos é presentar o documento co QR do Sergas? É iso?

Algunha alma caritativa? Rezar

MI BLOG SOBRE JUSTICIA SOCIAL
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
491 Carreiras
3765 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 10 Nov 2021, 21:09
Asunto: Re: XXXXIV C.P. San Martiño 2021 Ourense

Pois xa nos encontramos na recta final da carreira, cos dorsais asignados e fixados os horarios das tandas de saida, que van en relación co dorsal, eu como puxen un tempo moi alto cando me inscribin creo que vou na tanda das 12:08.
Esta carreira so a corrín en 2 ocasións e xa choveu anos 2006 e 2007, e ainda que foi unha carreira que me gustou, (e onde teño a miña mellor marca nun 10k, xunto ca de Porriño) quédame moi lonxe da casa e por eso cando tiñamos moreas de carreiras descartaba por esa razón, e agora en menos dun mes vou ir correr 2 veces a Ourense, xa que corrín a 15Kms nocturna .
Un saudo e vémonos o Domingo,
xpab

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/10/11
0 Carreiras
277 Mensaxes
Betanzos
Respostar citando Envío Xov, 11 Nov 2021, 11:06
Asunto: Re: XXXXIV C.P. San Martiño 2021 Ourense

Parece que Kalkidan Gezahegne (recordwoman 10k) vai participar. Seguindo coa especulación dalgún da súa posible victoria na xeral, investiguei un pouco e vin que o seu tempo é de 29:38, entendo que nunha carreira que se presta para marca (Xénova) e en condicións óptimas. Por outra banda, no último San Martiño (2019), Alejandro Fernández acadaba un tempo algo mellor (29:36), nun circuíto que non é precisamente o mellor para facer marcas. Este último parece que vai repetir participación o domingo. Co cal, se o último gañador está en condicións similares, Kalkidan debería repetir a súa fazaña de récord ou aproximarse, se pretende gañar a carreira. Tras todo esto entendo que o favorito, a priori, é masculino, ainda que o que parece seguro é que haberá unha muller disputando a victoria. Non sei se nalgún punto o meu razoamento está equivocado...
Por outra banda, a comparación con Adrian Ben creo que non ten lugar aquí, xa que é unha distancia na que el nin siquiera ten marca (ou cando menos non aparece na wikipedia Sorriso ) así que máis que "medo a perder" como din algúns, entendo que máis que medo é resignación cando menos mentres Ben non de o salto a maiores distancias. Pero o caso é facer polémica...
matogrosso

Multimedia
Multimedia
24/07/09
101 Carreiras
1348 Mensaxes
Aquae Urente
Respostar citando Envío Ven, 12 Nov 2021, 17:47
Asunto: Re: XXXXIV C.P. San Martiño 2021 Ourense

xpab escribió:
Kalkidan Gezahegne (recordwoman 10k)
...Y vigente subcampena olímpica, nada más y nada menos que colándose entre esos dos monstruos, esos dos fenómenos de la naturaleza que son Gidey y Sifan Hassan, élite pero de verdad...
Una pena que no vinieran las tres. Chorando
Yo personalmente tampoco creo vaya a poder imponerse a todos los galgos locales ni logre siquiera acercarse a su propio record, aunque no hay duda de que alguno ya está más pálido que el mármol. Guiño
Pero eso sí, me alegro y me enorgullezco de que haya elegido a Ourense para venir a competir, y nos ponga en el mapa, si bien me cuesta entender que pinta en una San Martiño y me pregunto si al final realmente se presentará en la salida. Ojalá que sí.

Homo homini gallicus canis
NandezFR

Novo foreiro
Novo foreiro
13/12/15
1 Carreiras
39 Mensaxes
Mos
Respostar citando Envío Ven, 12 Nov 2021, 18:23
Asunto: Re: XXXXIV C.P. San Martiño 2021 Ourense

Está confirmado que non se pode recoller dorsal o dia da carreira? Porque me fastidia un chisco ir mañan dende Vigo a Ourense solo por recoller un dorsal
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
491 Carreiras
3765 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 15 Nov 2021, 22:00
Asunto: Re: XXXXIV C.P. San Martiño 2021 Ourense

Que gozada voltar a disfrutar dunha carreira multitudinaria. Como habia tantos anos que non correra alí, xa non me acordaba do percorrido, sendo máis dura do que tiña en mente, un constante sube e baixa.
Vaia friaxe que facía cando chegamos a Ourense as 10:20 , pero conforme foron pasando as horas subeu a temperatura, sendo moi agradable para correr.
Cando me anotei estaba unha vez máis medio lesionado. polo que puxen un tempo moi alto, así que me tocou sair no 5 caixón, pero non me importou o máis mínimo.
Saida con tranquilidade, xa que sabía que ao pouco está unha das peores costas do percorrido.
Así que regulei ben esa subida e a partires de ahí puxen un ritmo bastante uniforme, marcando case todos os Kms. por Gps. entre 4:30/4:38, ata chegar aos derradeiros 2 kms. nos que vendo que non tiña case que ningunha molestia cambiei de ritmo para facelos en 4:18 e 4:14. Para un tempo de 46'01. polo tanto moi contento co resultado.
Que gozada correr por algúns puntos da cidade na que había moita xente vendonos pasar e aplaudindo con gañas.
Despois comida agradable cos compañeiros de club, e a agardar por novas carreiras,
Un saudo.
Kalimero

Foreiro Senior
Foreiro Senior
7/02/10
0 Carreiras
481 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 15 Nov 2021, 22:31
Asunto: Re: XXXXIV C.P. San Martiño 2021 Ourense

Grazas por compartir a túa experiencia.
Keka77

Organización
Organización
10/03/14
0 Carreiras
236 Mensaxes
Frades
Respostar citando Envío Mar, 16 Nov 2021, 13:08
Asunto: Re: XXXXIV C.P. San Martiño 2021 Ourense

--Grandísima carreira a celebrada o pasado domingo en Ourense. Para min a mellor carreira en ruta do panorama galego xunto a Pedestre de Santiago.
-- O tempo moi por riba do meu obxetivo en 44´ no que a miña meta era estar nos 41´pelados, (as carreiras non sempre saen como un quere).

Noraboa organización e a cidade.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3267 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 16 Nov 2021, 19:10
Asunto: Re: XXXXIV C.P. San Martiño 2021 Ourense

Keka77 escribió:
--Grandísima carreira a celebrada o pasado domingo en Ourense. Para min a mellor carreira en ruta do panorama galego xunto a Pedestre de Santiago.
-- O tempo moi por riba do meu obxetivo en 44´ no que a miña meta era estar nos 41´pelados, (as carreiras non sempre saen como un quere).

Noraboa organización e a cidade.
Na sección de vídeos e fotos, está o vídeo que filmou Matogrosso. Grazas polo traballo





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos