Sáb, 25 Dec 2021, 14:22
Asunto: Re: San Silvestre Cedeira 26-12-21
Si, eu tamén saín con varios miles na maratón de Valencia (con xente de bastantes paises), e non teño noticias de que pasase nada. Pero tamén entendo ós da organización, coa histeria que hai, que non se queiran pillar os dedos. Só espero que non sexa efecto dominó e non empecen a cancelar S.Silvestres. Ademais, parece que -toco madeira- vaise confirmando cada vez máis que o becho vén máis mansiño e que as vacinas están funcionando. De feito, a presión hospitalaria en Galicia está estable dende hai bastante días, e eso que levamos con máis de mil positivos por día dende hai unha boa temporada.
Na miña humilde opinión, non pinta mal. Gustaríame que me deixasen correr o día 31 (sen máscara), pero vendo as noticias e decisión políticas, véxoo máis complicado a cada momento.