Lun, 13 Dec 2021, 11:26
Asunto: II CRONOESCALADA TORRES DE ALTAMIRA - CONCELLO DE BRIÓN
O Club Deportivo Brión Hyupersa Santiago e o Concello de Brión, co-organizan a II CRONOESCALADA TORRES DE ALTAMIRA – CONCELLO DE BRIÓN, que se celebrará o Domingo 2 de Xaneiro de 2022 a partir das 10:00h. na Carballeira de Santa Minia (Concello de Brión).
INSCRICIÓNS:
cutt.ly/6YGB1le // Máximo 300 participantes
PREZO: 5€ + 1k de alimentos // A recadación en metálico será doada integramente a ART for DENT , unha Asociación sen ánimo de lucro que nace a iniciativa dun grupo de familias galegas de Muros, Pontevedra, Lugo e Brión, con nenos afectados pola enfermidade de Dent, unha doenza minoritaria que afecta gravemente ás funcións habituais do riles. Os alimentos recollidos irán ao banco de alimentos municipal de Brión.
CIRCUITO: 7Kms aprox. (90% camiños de monte), dende a Carballeira de Santa Minia ata as Torres de Altamira.
DIFICULTADE: Media // 320m. de desnivel positivo aprox.
HORARIO: A saida das persoas participantes será en grupos de 4 persoas, comezara as 10h. por alfabética de apelidos e con 30s de diferencia entre cada grupo.
TROFEOS: 3 primeiras mulleres e 3 primeiros homes que realicen o percorrido no menor tempo posible. Trofeo ao equipo mais numeroso.
A INSCRICIÓN INCLÚE: Seguro de responsabilidade civil e de accidentes // Servizos médicos e de ambulancia // CHOCOLATE CON CHURROS AO FINAL DA PROBA //
Consulta o REGULAMENTO COMPLETO DA PROBA:
cutt.ly/DYGBHs1
.
.
Hyupersa Santiago
Concello de Brión
BeOne Fitness & Sport
Federópticos Pontecastro
Adrian Garcia
Los Angeles Gas
Centro Fisioterapia Osteopatía Adriana Lorenzo#FISIOMACIA
Oxypro Nutrition
Comercial Nachovirtual3.0 y Oxypro Galicia
Tenweeks.run