Mar, 15 Feb 2022, 20:32
Asunto: Re: XIV Medio Maratón Coruña 21 (13-02-22)
Pois outra media que disfrutamos na Coruña, sobre todo porque nos respetou a chuvia, gustándome moito o novo percorrido, exceptuando a nova entrada polo muelle e despois, pero esto xa é apreciación miña o de pasar ao lado da meta cando queda pouco máis dun Km. para rematar, pero esto xa o facemos noutras medias (Vilagarcía e Viana que me acorde a bote pronto), ainda que tamén pode ser polo vendabal que nos azotou nese derradeiro tramo.
Respecto a miña carreira, teño que ser moi reservón, para non sobrecargar o meu maltrecho sóleo, así que ata o Km 13 bastante tranquilo e despois progresivamente aumentando o ritmo, sendo igual que na Media de Toro os 3 finais os máis rápidos 4'29, 4'27 e 4'23", non sei o ritmo dos centos de máis que me marcou o GPS, a como serían, pero moi contento co 1h40'26" neto.
Próxima parada a Media de Viana do 06 de Marzo.