Lun, 11 Abr 2022, 11:43
Asunto: Re: Maratón Vig-Bay 10/04/22
Tartarugo escribió: |
Eu, pola miña banda, debuto na distancia maratoniana mañá. Obxectivo chegar. Se pode ser dentro das 5h 30' que dan de máximo, mellor e, sobre todo, non mancarse, que o luns hai que facer cousas.... Non teño demasiadas expectativas de rematar, pero igual dou a sorpresa e chego a Baiona... Veremos..... |
Pois houbo sorpresa nas Gaunas, finalmente si que cheguei a Baiona, en 5h 13' e cumprín un obxectivo vital a nivel deportivo, rematar unha Maratón... Non foi un paseo de rosas pero nin tan mal, cando despois da segunda subida de Mide o ritmo xa empezou a decaer moito moitísimo houbo que amarrarse á fortaleza mental e pensar que cada km completado era un éxito e , incluso, despois de Monte Lourido tiven unha mini recuperación e nin tan mal os kms finais entre a alegría de ver que ía chegar e comprobar que non ía desfondado de todo. Iso si, polo momento, non hai gañas de repetir, é moi duro tanto a proba en si como a preparación previa, así que volto ás miñas distancias habituais, pero co orgullo de poder dicir que xa son Maratoniano, de chichinabo, pero Maratoniano á fin e ò cabo
Se eu puiden, ti tamén...