Foros ›
Autor
Mensaxe
Papa-Léguas

Super Veterano
Super Veterano
14/10/11
0 Carreiras
2613 Mensaxes
Sparkland
Respostar citando Envío Lun, 11 Abr 2022, 15:56
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Me sumo al tsunami de felicitaciones. El rexurdimento meigaliciano es bueno para ti y bueno también para este foro, que también ha pasado las suyas, y en el que tan dignamente eres la abanderada de las corredoras femeninas.
Y a Championchip ni caso, que siempre están al merme.
Mi más sincera enhorabuena.
Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso

Esta publicación no es un juguete, no se la dé a niños menores de 100 años. No la arroje al fuego, ni aún vacía de contenido. En caso de intoxicación accidental acuda a la mayor brevedad posible al servicio de urgencias psiquiátricas más cercano.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3268 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 11 Abr 2022, 19:41
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Grazas a todos, Fernando, 101, Litho e Papa-Léguas.
A ver se os vosos ánimos e felicitacións me poñen as pilas para saír a facer algunha saída de recuperación, porque hoxe estou feita un saco de maniotas.
A ver se mañá o intento
Andrés61

Maratoniano
Maratoniano
25/08/12
0 Carreiras
1880 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 12 Abr 2022, 5:56
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Felicidades Alicia Aplauso Aplauso Aplauso
Pena no haber coincidido.... Pa la siguiente
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4277 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 12 Abr 2022, 17:26
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Fantástico Meiga. Ya puedes decir algo que no podemos decir muchos.

1:59:59 es profético, es épico, es el logo de una camiseta.

Medo me das Forrest.
matogrosso

Multimedia
Multimedia
24/07/09
101 Carreiras
1348 Mensaxes
Aquae Urente
Respostar citando Envío Mar, 12 Abr 2022, 19:31
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Antes del covid cualquiera de nosotros hubiéramos apostado que, dada la deriva de tus lesiones, estabas ya prácticamente desahuciada para esto del running.
Afortunadamente, el running te ha concedido una segunda oportunidad.
Enhorabuena y que dure.
Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso

Homo homini gallicus canis
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3268 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 12 Abr 2022, 21:07
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

matogrosso escribió:
Antes del covid cualquiera de nosotros hubiéramos apostado que, dada la deriva de tus lesiones, estabas ya prácticamente desahuciada para esto del running.
Eu tamén o pensaba, pero xa ves que son unha devota fervorosa dese santo milagreiro que é San Martiño, e como lle fun en romería esta última edición, estame a bendecir cos seus favores. Seguiremos poñendo velas "por mi y mis compañeros", como no escondite, para que teñamos vidas de abondo para zafar das lesións, ou saír delas como na posada da Oca, con paciencia e sen complicacións.
A ver cando volve Matogrosso productions a filmar por terras de Baiona, que se vos botou a faltar Guiño

freakyrunning escribió:


1:59:59 es profético, es épico, es el logo de una camiseta.

Championchip dixo pola contra que era 2:00:02,o que non deixa de ser capicua e inquietante.

En calquera caso foi abondo para puntuar para o noso equipo feminino. Hoxe revisando tempos nos comunicaron que quedamos terceiras, sendo eu a terceira da escuadra en entrar en meta. Que viva a numeroloxía e a kábala!!!... En calquera caso, premio en metálico para o clube por xentileza do incombustible 10 + 7,9 %. Aínda non subimos do 20%, pero estamos de festa rachada igualmente Bailar
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3268 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 17 Abr 2022, 22:00
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Semana do 11 ao 18 de abril.

Despois do esforzo da Vig-Bay tería que ter atopado tempo para estiramientos variados e trotes rexenerativos, pero entre a nugalla, un amago de catarro que pensei que xa tiña o covid outra vez, compromisos varios, sesións de corta céspede e amasado de roscóns, esta semana quedou reducida á saída de hoxe pola mañá.
A idea era ir ata Chapela, coma case sempre. Pero desta volta manifestouse ese xen ancestral, que vai pasando de xeración en xeración, desde a época castrexa e as hordas de Viriato, pasando polos tempos de Foucellas ata chegar ao momento presente. Vamos, que foi saír, darme o sol na cara, e sentir, cal guerrilleira "empecinada", a necesidade de botarme ao monte.
Máis que ao monte, ao desmonte da Vía Verde, por ver se as 'cuadrillas do Cura Merino e Mosén Tejada" tiñan castigado algo ou non ao exército napoleónico-invasor de Adif, Vialia e a Alcaldía de Vigo.
Probei primeiro en dirección Vigo centro. E comprobei, a trote ininterrumpido, que efectivamente a resistencia popular tiña tirado abaixo o valado da rúa Coutadas polo medio e medio. Pasado o tramo "oficial inaugurado" que vai ata o nudo de Isaac Peral, vin que tamén a resistencia popular por fin tirara un lateral, polo que, por unha vez, se podía acceder á pasarela nova de madeira, e, xa para máis asombro, á segunda pasarela que conecta coa Vía Norte e coa propia explanada de Vialia. Así, todo dunha atacada.
Trotei ao redor do edificio do centro comercial para facer os honores, e en plena efusión de gozo pascual púxenme a facer o camiño de volta disposta a probar o estado da Vía Verde en dirección contraria.
Cómo era de esperar, no tramo de Buenos Aires aínda non puxeron pavimento e houbo que facer algo de trail entre as pedras da antiga vía do tren, pero non máis de 100 metros.
Cheguei ata a zona da Xorxa pensando que me atoparía co muro de Berlín da última vez... Pero tamén ata alí chegaron ás cuadrillas de resistencia, e unha vez máis puiden continuar, sen botar freno, por riba doutro valado aberto polo medio... Ha de ser iso, que na noite do sábado de Gloria ábrense os sepulcros, e de paso caen os valados todos.
Seguro que de ter seguido, podería ter chegado ata Chapela, e por unha vez experimentar o de facer a Vía Verde enteira, ida e volta.
Pero xa non tiña tempo.
Intentatereino outro domingo. Aínda que moito me sospeito que don Abel terá secuestrado a Cachamiuña e todas as demais tropas libertadoras ata o dia da inauguración de verdade, e que en poucos días os de Adif, Alcaldía e demais levantarán de novo os valados, con triple reforzo e rede electrificada...
En calquera caso, hoxe foron aproximadamente 6,3 km, a trote pachangueiro de 5:50.
Sen máis pretensións e obxectivos ata polo menos o mes de xuño
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4277 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 18 Abr 2022, 14:23
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Eso de las vías verdes está bien. Después pasa el tiempo, pasa el gasto fijo, y como no hay jardineros funcionarios todo acaba siendo una vía de malas herbas, sin mantener. A veces hasta es mejor, y puedes pillar as herbas de San Xoan directamente en la vía verde. Pero eso aún será el año que viene, Meiga.

Yo las prefiero así, mal mantidas.

Ya depertaste mi curiosidad, por si algún día me acerco al Mordor del Sur. Aquí tenemos unas cuantas, y todas más o menos están a monte, las de Adif sobretodo. Son preciosas, pero a ver quien tiene lo que hay que tener para tirarse a correr por el antiguo corredor de Renfe, por Bregua, por Boedo... pisando las clásicas piedras del tren y dejándote los tobillos.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3268 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 01 Mai 2022, 16:44
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Semanas do 18 de abril ao 1 de maio:
Xa pasaron 3 semanas desde a Vig-Bay e aínda non dou collido un ritmo normal.
Certo é que non tiven fácil a conciliación estes días. A semana pasada saldouse cunha soa saída que non chegou aos 9 km, máis unha sesión de 4 horas de leiragim extremo (é o que ten de que algunhas leiras de aldea leven sen limpar desde o comezo da pandemia)
Esta semana logrei facer unha saída ó venres ao mediodía, combinando Boan, Vía Verde e a Xorxa, nun intento de facer polo menos media hora, aínda que fose (como así foi) a 6 min/km.
Hoxe tratei de aumentar un pouco máis a dose, e fixen o habitual de Chapela ida e volta, ás 10 da mañá, con algo máis de fresco, logrando un ritmo de 5:39. Polo menos voume mantendo.
O caso é que nesta semana déronme unha nova chunga a nivel laboral: vaime tocar facer moitas horas extras entre xuño e xullo, nunha tarefa desas que ninguén quere e que te asignan por sorteo.
Espero poder facer neste mes un ritmo de entrenos que me permitan afrontar con dignidade a Nocturna das Travesas. O que xa non sei é se terei tempo e posibilidade de participar na Nocturna de San Xoán, pois igual estarei fora de Vigo facendo esas horas extras en víspera de festivo.
Debería de probar a xogar á Primitiva para compensar...
Papa-Léguas

Super Veterano
Super Veterano
14/10/11
0 Carreiras
2613 Mensaxes
Sparkland
Respostar citando Envío Lun, 02 Mai 2022, 18:05
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Meigalicix escribió:

O caso é que nesta semana déronme unha nova chunga a nivel laboral: vaime tocar facer moitas horas extras entre xuño e xullo, nunha tarefa desas que ninguén quere e que te asignan por sorteo.
Espero poder facer neste mes un ritmo de entrenos que me permitan afrontar con dignidade a Nocturna das Travesas. O que xa non sei é se terei tempo e posibilidade de participar na Nocturna de San Xoán, pois igual estarei fora de Vigo facendo esas horas extras en víspera de festivo.

Mala nova, sin duda. Puedo aceptar que le quiten a la San Xoán las sardinas del final, pero no que nos quiten a Meigalicix. Nono

Esta publicación no es un juguete, no se la dé a niños menores de 100 años. No la arroje al fuego, ni aún vacía de contenido. En caso de intoxicación accidental acuda a la mayor brevedad posible al servicio de urgencias psiquiátricas más cercano.
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4277 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 03 Mai 2022, 20:07
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

A veces no se puede librar de esas "horas extra". Te recomiendo que la nómina extra la gastes entera en una carrera en otro país, lejos de las fronteras OTAN, sin más explicaciones.

Tienes agosto para el Louro, y para una carrera en Taiwan.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3268 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 08 Mai 2022, 20:36
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Semana do 2 ao 8 de maio:

Outra semana máis de nugalla e vagancia atlética de luns a xoves, e de dor dos pecados e propósito da enmenda entre venres e domingo, sumando ao final 2 saídas, 18 km de carreira en total, pero máis de 20.000 pasos diarios, entre recados ao centro, e sesión doble de leiragim o sábado.
Ritmos lentos ata ao extremo.
Pero podemos dar como obxectivos cumplidos o volver a baixar os 2 kg de máis, e o limpiños que quedaron os regos de moras e frambuesas.
A semana que entra xa ten que ser diferente: Mínimo 3 saídas, 27 km e 2a 3 táboas de exercicios. A un mes vista da carreira das Travesas hai que poñerse as pilas para poder arrastrarme polas rampas de Coia cun mínimo de dignidade.
A ver...
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3268 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 15 Mai 2022, 21:25
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Semana do 9 ao 15 de maio:

Para poñer as pilas ben, fai falla cargador. E iso é o que está fallando na ecuación . Na era "prepandemia/pre-lesión" estaba a hora semanal de ximnasio, as táboa a de exercicios tan xeitosas coas que me castigaba Jota.
Agora iso xa está descartado. Porque creo que os xeonllos xa non aturarían tanto impacto . E sobre todo porque xa non está Jota na plantilla.
Propuxérame ser boa e facer varias taboas de exercicios pola miña conta ao longo de cada semana, pero en casa sempre aparecen milleiros de cousas que facer.
E así, ao gastar e non reforzar , sempre acabo no taller.
Luns e martes fixen unha boa ración de andaina urbana. O mércores as sensacións no glúteo e muslo dereitos foron fatais.
Houbo outra ración de andaina urbana , coidando de estirar, masaxear, botar Voltaren, a ver si na saida do venres ía todo mellor. Pero so logrei manter caladas as molestias indo a 7 min/ km, o cal técnicamente xa nin correr é.
Hoxe xa non me atrevin a poñer as zapatillas. E mañá luns teño cita na fisio. Espero que me desfaga o nudo que teño . Supoño que haberá que parar algún día mais e volver a comezar e cero.
Pero mellor pasar polo taller que quedar aparcada.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3268 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 09 Xuñ 2022, 11:07
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Do 16 de maio ao 11 de xuño
Na cultura chinesa póñenlle a cada año o seu animal.
Para o meu calendario particular este sería o mes do can... Máis concretamente do can do hortelán , que non come nin deixa comer.
Levo xa case 4 semanas con esa trabadura de can entre o psoas/piramidal/glúteo dereito freándome cada vez que trato de facer unha saída. Se me limito a ir e vir das Catro Pontes , non mais de 4 km, ainda menos mal. Pero onte , que fun ata Chapela, paguéi as consecuencias. Máis ou menos logrei reconducir a situación a base de Voltaren.
E así vai o mes, negociando con esta lesión/non lesión , sen visos de chegar a unha tregua real
Contaba con ter ido á Carreira Nocturna das Travesas. Se non a chegan a cancelar, creo que o meu papel alí sería lamentable.
O obxectivo de momento, é "manterme con vida" ata a Carreira de San Xoan, e seguir en activo despois.
Polo camiño procuro facer os deberes : xa fun unha segunda vez á fisio , xa fun ao podólogo a revisar plantillas e encargar novas, trato de facer mais taboas, coidar de estirar mais.
15 días non dan para miragres, pero seguiréi poñendo velas a Santa Rita ao meu xeito.
................................................................
Actualizo a golpe de domingo:

E se resulta que todo vai ser reuma senil?... Viume este pensamento hoxe pola mañá volvendo de Chapela. Porque aínda indo a un ritmo lento de todo, as sensacións eran case normais, e levo todo o día sen molestias, como se está calor esaxerada e repentina fose a medicina.
Xa nos avisaba Raphaela que hai cousas que se fan mellor no sur... Vai ser que o de entrenar sen dor despois dos 60 é unha delas, pero non todas as persoas temos pasaporte alemán nin cartos para afincarnos en Canarias, sniff
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3268 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 23 Xuñ 2022, 23:15
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Crónicas da Favela: "Carreira de San Xoán 2022"

Nin a "operación sardiña" doutros anos, e con menos sentido ca un chincho, como din aquí na Favela. Desta volta primou a antiplanificación e o imprevisible.
Escasos 2 entrenos nas últimas semanas. Algún aperitivo de bici estática nestas tardes de chuvia. Andainas urbanas. Moita vida sedentaria por mor do traballo, e o glúteo dereito dando caña sempre, aínda que a fisio hai semana e pico dixera que ía mellor.
Por outra banda estaba planificado que no día 23 ía ter horas extras ata as 9 da noite e xa non contaba con poder ir á carreira de San Xoán.
Pero, sorpresas da vida, as tandas de horas extras non comezan ata o 27. E sen pensalo moito calcei as zapatillas. Xusto no día que tocaba estrear plantillas novas. " A lo loco, a lo loco", como a Luisa Linares... E xa así as cousas, por que non ir quentando a trote intermitente desde Teis ata a Praza do Rei? Dito e feito.
Sobre as 20:15 cheguei puntual, para facer a Carmafoto ( con Jesús Bernal de artista invitado Sorriso ), para seguir quentando un pouco e finalmente poñerme no meu lugar: última fila da saída, formando parte dun animado grupo de "nécoras", integrado por Fredy, Fon, Jose, Fran e Jorge entre outros.
Xa sabía eu que o de estar eles na última fila era puro postureo e partida de póquer. Pero estivo ben ir rodeada de compañeiros baixando por Romil, aguantando tirón por Pi y Margal e recuperando na Rúa Coruña.
Os meus cálculos eran aguantar con eles ata a Praza da Industria e deixalos ir en Tomás Alonso, onde xa sabía eu que me ía quedar freada nas costas.
E así foi exactamente, volvendo por un momento á miña situación natural de correr soa en terra de ninguén. Momentos que dan para deixar voar os pensamentos, e por exemplo lembrar con certa saudade a persoas que eran habituais nesta cita, Sanmikel, Papa-Leguas, o Doutor... Pero dos pensamentos no aire aterrizo de novo na realidade ao sentir que xa non vou soa, e que me veñen pola esquerda dous corredores. Un con camiseta do Bikila e outro, tamén Bikila pero camiseta marca branca... E non dou crédito: A falta de un Dani Gatuno para adiantarme en Tomás Alonso, resulta que teño un Dani Bargiela!!... Evidentemente en modo paseo tranquilo, doutro xeito no teriamos coincidido na mesma franxa de carreira eses metros ata a baixada a Bouzas.
Sabendo que a miña camiseta do Carma xa era unha tarxeta de presentación, e sobre todo porque o falar non ten cancelas, saíume dicir así sen pensalo dúas veces:
- "Na vida pensei de ir nunha carreira á par túa, e ademais correndo coas zapatillas que tí me vendiches" Comentario que lle arrincou un par de risas e algunha frase amable, como que me via ben correndo e que debía fichar polo Bikila. Ao que eu tamén lle respondín amablemente que o noso amigo común, Beauvais, presidente do Carma, no ía a autorizar tal traspaso.
Sen prisa, sen pausa e sen despeinarse seguiu o seu camiño co seu compañeiro pola rotonda de Bouzas ata o infinito e máis aló.
Eu quedei de novo en terra de ninguén, nesa longa e monótona chaira ata o Berbés, adiantando e sendo adiantada a relevos repetidos, pero sempre ao meu ritmo, procurando manterme con vida. Aí no tope de pulsacións, pero sen chegar a sufrir sen remedio. O obxectivo era acabar.
E ao final tampouco saíu tan mal : Os do alegre grupo de nécoras só me sacaron un minuto, e eu rematei en 40:32. Abondo para quedar máis ou menos na metade da clasificación feminina, e exactamente no posto 8 de 16 nas velloucas F3... Un digno 5 raspado, xusto na xornada en que nos centros escolares daban as notas finais.
Nos sei como lle irán as pernas mañá, pero agora mesmo estou contenta e sorprendida de seguir aí, no punto de sempre.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos