Dom, 20 Mar 2022, 22:05
Asunto: Re: VII CIRCUITO CORRENDO POLA COSTA DA MORTE.
Escomenzou o circuito ca sempre exixente carreira de Camariñas. na que este ano cambiaron o lugar de saida e meta uns centos de mts. cara o centro do paseo marítimo, bastante mellor esta localización, pero que acorta ainda algo máis a distancia da proba.
Día de moita calor, acrecentado co hora tan tardia de comenzo da carreira.
Entre todas as categorías xuntamonos unha chea de xente, respecto a miña participación, moi contento ca mesma. Saida moi tranquila e ata pasar o polideportivo collendo ritmo.
Os 3 primeiros Kms. case de subida constante, e despois xa alternamos baixadas e algunha subidiña, ata enlazar ca pista de terra que nos leva cara o faro do Cabo Vilan, baixada vertixinosa, con algún tramo de lixeira subida, collemos o avituallamento e xa cando levamos 5,150 Kms. temos a subida interminable de máis dun km. e medio, pero a partir daqui xa case que é todo baixar e llanear. exceptuando a durísima, pero corta subida cando falta menos dun km. para meta.
Eu a bo ritmo, pero sen querer dalo todo e non forzarme de máis, rematei en 43'35" oficiais, para algo menos de 9'5 Kms.
Que se todo vai ben, correrei unha media o vindeiro domingo.
Un saudo.