Lun, 16 Mai 2022, 20:07
Asunto: Re: XIII CARREIRA DE OUTES 17/05/2022
Disculpa que non contestara antes, pero hoxe fomos visitar a unha filla a Coruña e chegamos hai un rato.
A maioría segue sen sufrir modificacións, basicamente, saese do mesmo sitio, pero en dirección contraria, a uns 200 mts. xa enlazamos ca estrada que vai a Noia, dende ahí ata pasar por detrás da pista de Karts. sen variacións, ahí seguimos rectos por unha pista de terra que acondicionaron e pasamos por diante do aserradeiro de Sieira (antes bordeabámolo), dende ahí ata o que era o Km 6 e pico antes sen modificacións, cando cruzamos a estrada que vai cara Pino de Val, accedemos a un tramo de pista de terra que ia cara a Ponte do Ruso, agora collemos dirección contraria todo por pista de terra, xiramos pola ponte de Berres e imos cara a ponte do Ruso, pero saimos un pouco despois e métemonos pegados ao rio por unha senda que abriron hai pouco e subimos para enlazar ca pista co que era antes o Km. 7,300, e dende ahí ata o final todo igual.
Eso foi o que me comentaron, eu non o vin in situ, eu esperarei a dar a miña opinión do cambio de percorrido mañán, pero basicamente, sacaron asfalto para meter máis tramos de terra.
Un saudo e ata mañán.