Dom, 19 Xuñ 2022, 12:04
Asunto: Re: Os 21 do camiño
Pois rematada a miña 7ª participación nos 21 do Camiño, e coma sempre encantado de correla.
O despliegue que se fai a todos os niveis, do mellorciño que hai en España, tendo a particularidade e dificultade de ter a partida e a chegada en sitios diferentes.
Cheguei con tempo a Melide para coller o bus e despois de recoller o dorsal, entregar a bolsa no gardaroupa e varias charlas con coñecidos, funme sentar a sombra xa que ainda quedaban bastantes minutos, como ia tan escaso de Kms. decidín unha vez máis quentar 0 mts.
Saida da parte traseira, pero ben traseira do pelotón, hai moitísimos Kms. por diante, custoume coller ritmo, xa que escomenzar subindo e seguir subindo durante un bo treito non é o mellor.
Fun levando os primeiros Kms. moi ben, a subida despois do primeiro avituallamento moi dura como sempre, algúns corredores xa a fan andando, eu moi lento, pero sen parar.
Despois veñen uns Kms. de recuperación e a agardar pola temible subida do Mato. Nesta si que moita xente camiña, non a recordaba tan dura, sobre todo a parte final xa asfaltada, contra todo pronóstico puden facela toda correndo, xa levamos máis de metade da media, proximo obxetivo, chegar ao Km. 14 para facer 2/3 da carreira, e chegar, cheguei, pero na subida do Km 15 notei que empezaba a ir sen forzas e atasqueime, moitas horas dende que xantara e non levei un xel.
Así que non hai outra que sufrir o que queda ata a meta nas subidas, llaneando ou baixando ia bastante ben.
Reconfortante o paso por Furelos para darnos folgos para encarar a derradeira e longuísima subida para chegar a Melide e con ela a ansiada Meta.
Ambiente espectacular coma sempre na Alameda, disfrutei chocando as palmas dos nen@s e despois de 1h52'52" tempo oficial, por fin rematei a carreira.
O único que quería era meterlle líquido e sobre todo sólido ao corpo, planteime un bo anaco na carpa onde estaba o queixo e o xamón a dar boa conta del, e collín un par de bolos preñados e funme sentar a comelos con tranquilidade e disfrutar contemplando o ambiente, xa que teremos que esperar outros 365 días para correla outra vez.
Duchiña reconfortante, e para o fin de festa unha ración de pulpo na Garnacha e moi contento para casa.
Un saudo.