Mar, 05 Xul 2022, 8:41
Asunto: +10K Marín. Manuel Rosales
IX Edición 2022
Regulamento
Data: Vernes, 29 de xullo de 2022.
• REGULAMENTO XERAL
O Concello de Marín organizarán o vindeiro Vernes, 29 xullo de 2022 , “+10 MARÍN MANUEL ROSALES, GRAN PREMIO CONCELLO DE MARÍN”.
• HORARIO E LUGAR DE SAÍDA
- A proba absoluta disputarase ás 22.00 horas, e terá a saída no Paseo da Alameda –
Concello de Marín (Av. Ourense) e chegada na Alameda de Marín.
- Categorías escolares, comezará as 20:40 coa categoría de Biberóns (0 - 1- 2 anos)
- Percorrido terá unha distancia de 10 Km totalmente planos, sen desniveis considerables acumulados e homologado pola Real Federación Española de Atletismo (R.F.E.A.).
• CATEGORÍAS.
As categorías biberóns, pitufos, prebenxamín, benxamín e alevín non serán competitivas, recibirán todos unha medalla, camiseta e bolsa do corredor.
O resto terán premiación para os 3 primeir@s de cada categoría.
CATEGORÍA ESCOLAR:
▪ 20:40, Carreira biberóns (100 metros) (0-1-2 cumpridos no ano).
▪ 20:50, Carreira Pitufos - 150m aprox. (5-4-3 cumpridos no ano).
▪ 21:00, Carreira Prebenxamin - 300m aprox. (7-6 cumpridos no ano).
▪ 21:10, Benxamín/Sub 10 - 500m aprox. (2013 - 2014).
▪ 21:20, Carreira Alevín/Sub 12 - 500m aprox. (2011 - 2012).
▪ 21:30, Carreira Infantil/Sub 14 - 1000m. (2009 - 2010) Circuíto homologado
▪ 21:40, Carreira Cadete/sub 16 - 1000m. (2007 - 2008) Circuíto homologado
▪ 21:40, Carreira Xuvenil /sub18 – 1000m. (2005-2006) Circuíto homologado
▪ 22:00, Só carreira adultos, desde Junior/Sub 20 en adiante (2004 e ANT.) Circuíto homologado.
• CATEGORÍA ABSOLUTA:
- Sub 20 - 23: Nados desde 2000 ata o 2004.
- Sénior: 1999 ata Máster.
- Máster A: De 35 a 44 anos cumpridos o día da proba.
- Máster B: De 45 a 54 anos cumpridos o día da proba.
- Máster C: De 55 a 64 anos cumpridos o día da proba.
- Máster D: De 65 anos cumpridos o día da proba e anteriores.
- ABSOLUTA. 3 PRIMEIR@S DA XERAL (Os premios da xeral e das diferentes categorías serán acumulativos).
- Premio especial: 1º e 1ª Marinense, nado no Concello de Marín.
• CIRCUÍTO.
- Saída na Alameda (Av. Ourense sentido Pontevedra – Marín – Bueu - ata E. Naval: entrada ata espigón-saída da E. Naval – Gasolinera – Mercado – Policía Nacional e Correos – Gasolineira – “Farola” e Av. Ourense ata Concello – Cantodarea – (Volta por Av. Marqués de Valterra) – Av. Ourense (sentido Pontevedra –> Marín) – paso por “saída” na Alameda: 1 volta. Repetir unha 2ª volta e entrada a meta. A Meta está sita na Alameda, pola parte superior: estrada PO-313.
Perfil da proba.
• INSCRICIÓNS E PRAZOS
- A proba absoluta ten un custe de 7 € a través de
www.emesports.es ata o 24 de xullo
ás 23:59h (tarifa reducida). Recollida de dorsais tenda MILER ou o propio día da carreira na Alameda de Marín.
- Dende o 25 de xullo a o 26 de xullo 10€ a través de
www.emesports.es. As 22.00 h (peche definitivo). Recollida de dorsais será o mesmo día da carreira na alameda de Marín.
- Menores: A inscrición e GRATUÍTA. A INSCRICIÓN da proba de menores pode realizarse
ata o 26 de xullo en
www.emesports.es.
CLUBS DO CONCELLO DE MARÍN.
- Haberá unha serie de prazas reservadas para os clubs de Marín sempre e cando os corredores estean empadroados no municipio, tendo en vigor a ficha federativa. Ademáis haberá prazas gratuitas para os empadroados en Marín con licencia en vigor ainda que pertenezcan a clubs de fora do municipio.
Aos inscritos pertencentes a clubs de atletismo de Marín será de balde, tendo que facer a inscrición antes do 17 de xullo as 23.59 h, a partir do 18 de xullo estarán sometido a inscrición normal como calquera outro deportista.
Para este servizo poñerse en contacto coa organización a través de:
- Correo electrónico: milerunningclub @ gmail.com
Ou por vía telefónica: 986843562.
• RECOLLIDA DE DORSAIS:
Inscricións anteriores a o 24 de xullo.
- Recollida anticipada de dorsais, ‘Tenda MILER’ rúa Peregrina 6 sótano, Pontevedra, dende o martes, 26 de xullo de 2022 ata o xoves, día 28 de xullo as 20:00.
Ou o venres, 29 de xullo de 2022, de 12:00 a 14:00 horas e de 15:00 ata 1h antes da saída de adultos na Alameda de Marín.
Resto de inscritos:
- O venres, 29 de xullo de 2022, de 12:00 a 14:00 horas e de 15:00 ata 1h antes da saída de adultos.
• SISTEMA DE CRONOMETRAXE
- A cronometraxe realizarase mediante o sistema de chip-dorsal-EMESPORT. Haberá puntos de control ao longo do percorrido. As persoas participantes que non cumpran co paso por todos os puntos de control establecidos poderán ser descualificadas.
• SERVIZOS:
- Bolsa do corredor.
- Medalla finisher para os corredores que entren na liña de meta.
- Camiseta técnica.
- Avituallamento liquido (durante o percorrido), e avituallamento líquido e sólido o rematarla proba.
- Espectáculo musical durante a carreira.
- Servizo de duchas.
- Fotos, durante e o final da proba.
- Servizo de parking preto da liña de saída.
- Servizo de Gardarroupa.
- Premios os 3ºs/3ªs de cada categoría.
- Os resultados serán expostos en
www.emesports.es
- Seguros de accidentes e de responsabilidade civil.
- Servizo de ambulancia medicalizada.
- …..
• NORMAS XERAIS.
- A proba estará controlada e sinalizada en todo momento. Os corredores deberán respectar as seguintes indicacións:
- Todo corredor/a que non entre en liña de meta co dorsal ben visible na zona do PEITO para a súa identificación ou que cometa algunha irregularidade ou non respecte as indicacións dadas pola organización, será automaticamente descualificado/a.
- Os percorridos estarán indicados, controlados e sinalizados cada quilómetro. O control de chegada pechará 1h15’ despois sa saída xeneral da carreira
- A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ó longo do percorrido.
• ENTREGA DE PREMIOS.
- A entrega de premios será ó finalizar a proba (23:45 h. aprox.) na Alameda Marín.
- Recibirán premio conmemorativo os tres primeiros clasificados masculinos e femininos de cada categoría da carreira de “Adultos” e “cadete - infantil” - “xuvenil”. Nas carreiras “alevín – benxamín” - “prebenxamin- pitufos e chupete” recibirán un agasallo ao cruzar a liña de meta.
- Premio especial: 1º e 1ª Marinense, nado no Concello de Marín
• UTILIZACIÓN DE MEDIOS FÍSICOS NATURAIS
- As persoas participantes terán que competir cos seus propios medios físicos naturais, sen axudas externas.
- Non está permitido o acompañamento en carreira por parte de ningún vehículo alleo á organización, nin bicicleta, patíns ou persoas non inscritas na carreira que poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos ás persoas participantes. Así mesmo non se permite a participación con coches ou cadeiras de nenos, animais, nin correr acompañados destes en ningún momento
• DESCUALIFICACIÓNS
- Os membros da organización resérvanse a facultade de retirar da proba o/a atleta que manifeste un mal estado físico, que non lle facilite á organización a documentación que se lle requira ou os/as corredores/as que non respecten as indicacións da Policía Local, Protección Civil, xurado, servizos médicos ou membros da organización debidamente identificados.
- As persoas corredoras descualificadas non terán opción aos premios.
• RESPONSABILIDADE
- A persoa participante declara, baixo a súa responsabilidade, realizarse o oportuno recoñecemento médico que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, e exime a organización da devandita responsabilidade.
- A organización dispón dun Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil que cubrirá as incidencias inherentes á proba.
• LOPD
- Todas as persoas corredoras ao realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet. Mediante a inscrición, o/a participante consente expresamente que os seus datos sexan utilizados polo Eze Mosquera Events, S.L. e o Concello de Marín para comunicacións sobre as súas actividades e publicación de reportaxes sobre a proba.
• COMPROMISO.
- A inscrición na carreira implica a plena aceptación do presente regulamento.
• CAMBIOS NO REGULAMENTO
- A organización resérvase o dereito de realizar algún cambio no presente regulamento se así o considerase, e deberá comunicalo na web e na información ás persoas participantes.
• PARA MAIS INFORMACIÓN.
- Máis información a través do teléfono: 986843562 ou no correo-e: milerunningclub @ gmail.com
• ORGANIZA:
- Concello de Marín.
• PATROCINADOR INSTITUCIONAL.
- Concello de Marín.