Dom, 10 Xul 2022, 10:58
Asunto: Re: I MEDIA MARATÓN E 10K CAMIÑO INGLÉS (09/07/22)
Sempre é bonito formar parte dunha 1ª edición, neste caso dunha carreira moi ben organizada e algo máis dura do esperado, ainda que a dureza creo que a marcou a calor extrema que pasamos.
Saida puntual dende Ardemil, xa con moita calor, eu só trotara uns centos de mts. para quentar.
Os primeiros Kms. favorables, pero moi expostos ao sol. ata o Km5 fun máis ou menos ben, xa que nese Km. temos unha subida moi longa e bastante dura, algúns corredores suben camiñando, eu decido seguir correndo, pero ca idea de que vou ter que camiñar nalgunha subida, cousa que así fixen.
Nos tramos sombríos que houbo moitos ia bastante ben, pero onde nos daba o sol de pleno afundíame bastante.
Conforme avanzou a carreira funme encontrando mellor, no sentido de que a un ritmiño moi suave ia facendo "camiño", ata dar terminada a mesma nun tempo de 1h52'09" moi similar Os 21 do Camiño.
O percorrido ainda que ten bastante asfalto, é agradable, quizáis a parte máis fea é xa chegando a meta no derradeiro Km. cando pasamos a carón do polígono industrial, que nos batía o sol nesa longa recta que se facía interminable.
Moito traballo o feito pola organización cun notable moi alto de valoración, esperemos que haxa máis edicións e poder ser parte da mesma.
Como dato anecdótico, sorprendeume que rematamos a media 113 corredores dos creo que 124 inscritos, case todo o que se anotou correuna e rematouna.