Ven, 19 Ago 2022, 15:11
Asunto: Re: II CARREIRA POPULAR S. ANTÓN. CUNTIS 18/08/
Pois unha carreira que nunca fixera, sendo esta bastante dura, xa que tiña varias costas, sendo unha especialmente longa e con bastante desnivel, debeu pasar dun Km. de distancia todo seguido, e ademáis fixonos bastante calor.
Como a saida retrasouse 30' según me dixeron, por mor dunha asistencia sanitaria pero non relativa a competición, decidín facer 3'5 Kms. xa que en toda a semana no correra nada, que sumado o Km. que fixera antes de que nos comunicaran o retraso doume unha boa distancia total, ainda que a carreira no meu GPS doume 6'770.
A carreira basicamente é un percorrido polas aforas pero aforas de Cuntis, saida a carón do colexio, fannos dar unha volta e cando levamos algo máis dun km. pasamos por meta e despois xa nos alonxamos por estradas secundarias, reseñable o paso a uns 500 mts. da meta nun nucleo de casas que estaban todos o veciños (xente nova e maior) xuntos e sentados animando con gran algarabía ó paso de cada corredor.