Foros ›
¿Alguna recomendación para la fascitis plantar?
Foros de debate / Lesiones, salud y alimentación
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
luisvalino

Maratoniano
Maratoniano
3/03/10
30 Carreiras
555 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Ven, 02 Set 2022, 19:45
Asunto: ¿Alguna recomendación para la fascitis plantar?

Buenas,

Desde hace unos días tengo este dolor y noto que apenas mejora.

Utilizo para correr unas Brooks Glycerin 19 Gts que es una muy buena zapatilla para gente de 1.80 y que pesamos más 75 kgs, de hecho llevo usándolas desde que salieron las 16.

¿Qué recomendáis para bajar el dolor?

Gracias.
mac-ray

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
30/05/11
0 Carreiras
1311 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Ven, 02 Set 2022, 21:32
Asunto: Re: ¿Alguna recomendación para la fascitis plantar?

Non é por facer publi ou Spam que este homiño ten a axenda moi apretada enon busca clientes pero igual pode resultache interesante para que busques quen che trate a posible orixe desa fascite ! Guiño




youtu.be/w-tvVZYZGlQ?t=117

www.youtube.com/channe...subscriber
ghose

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/01/20
0 Carreiras
427 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Sáb, 03 Set 2022, 4:52
Asunto: Re: ¿Alguna recomendación para la fascitis plantar?

a cabeciña! Silbar (interesante conversa, grazas)

que difícil é dicirlle a ninguén nada acerca de lesións e alimentación e como correr etc. Disimulando ánimo luisvalino!

primeiro intenta solucionar a fase aguda do problema (a dor), que non-correndo uns días, frío, rolar unha pelota/bote, auto-masaxear o pé, etc. debería mellorar. Tamén hai medicamentos.

Despois a causa primeira... eso xa é moito comentar para min. A fascia da planta do pé está conectada ao resto da fascia a través do talón e tendón de aquiles. Un acurtamento (ou "rixidez") deste traslada a tensión á planta do pé. Tamén che digo que esas zapatillas (que non coñezo, nin podo criticar, aínda que non entendo a relación coa antropometría que citas) poden causar dito acurtamento ou rixidez se fan que non utilices o conxunto xemelgos/tendón de aquiles do xeito en que o teu corpo espera (como un muelle ou resorte).

UNHA VEZ PASE A FASE AGUDA, estos exercicios poden axudarche (vídeo en inglés)



eso, recupérate ben e reevalúa a túa forma de correr. E cabeciña!

Est.2008 mastodon.gal - Libros "Run&Endurance"
xpab

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/10/11
0 Carreiras
283 Mensaxes
Betanzos
Respostar citando Envío Dom, 04 Set 2022, 20:53
Asunto: Re: ¿Alguna recomendación para la fascitis plantar?

mac-ray escribió:
Non é por facer publi ou Spam que este homiño ten a axenda moi apretada enon busca clientes pero igual pode resultache interesante para que busques quen che trate a posible orixe desa fascite ! Guiño




youtu.be/w-tvVZYZGlQ?t=117

Vin o vídeo e pareceume interesante. Precisamente rondo os 36 min en 10k e este ano cumplo 40, así que Jordi é un espello interesante (e ó meu modo de ver, inalcanzable, aínda que sei que pensando así vou mal Sorriso ). A miña última carreira foi en Miño, quedei 5º e Amador, 2º, ía no tridente de "inalcanzables".

Eu tamén son dos da boca seca e pernas pesadas antes de empezar Sorriso así que chamoume a atención o da meditación. Algún vídeo/recomendación para unhas nocións básicas? Pensando Gracias!
mac-ray

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
30/05/11
0 Carreiras
1311 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Dom, 04 Set 2022, 21:18
Asunto: Re: ¿Alguna recomendación para la fascitis plantar?

Cando a boca se nos seca nese momento, é porque o sistema nervioso vexetativo, na súa rama simpática Sorriso está máis elevado do que debera no equilibrio que debería ter co parasimpático, (entre outras cousas ) entón unha ferramenta sinxela que funciona a través do nervio vago é tentar mandar saliva a boca activando as glándulas salivales, moitos din que é algo que non se pode controlar, pero si que se pode é resulta relativamente doado, a través do pensamento. Molón Guiño

Con pensar que a boca enche de saliva ou repetir esa orde en voz alta ou mentalmente, xa debería comezar o proceso, hai a quen lle funciona mellor pensar nunha comida apetitosa jejeje.
- Se neste momento todavía temos a boca seca, podemos facer un par de respiracións profundas coa man pousada na altura do noso diafragma, e nese momento repetir de novo a orde de mandar saliva á boca.


A partir de ahí xa todo é máis sinxelo, as pernas responderán mellor e podemos darlle ordes porque nos mandamos a través dos pensamentos, trátase de pensar e repetirnos que as nosas pernas están lixeiras e preparadas para o que lles toca.

Pono a proba e verás o resultado ao momento Bailar

P.D: Amador son eu Ríndose

www.youtube.com/channe...subscriber
xpab

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/10/11
0 Carreiras
283 Mensaxes
Betanzos
Respostar citando Envío Lun, 05 Set 2022, 11:46
Asunto: Re: ¿Alguna recomendación para la fascitis plantar?

Por certo, que se me olvidou. Para non irnos do tema, eu a miña fascite cureina nun fisio en Coruña mediante a técnica de EPI ("aplicación de una corriente galvánica mediante una aguja de acupuntura directamente en el lugar de lesión, con el objeto de desnaturalizar y eliminar el tejido degenerado, para así favorecer la regeneración de los tejidos blandos y tendones de forma natural"). Cónstame que lle foi ben a máis xente. Creo que chegáronme 2 ou 3 sesións. Non sei se procede facer publicidade, pero foi en "Fisiosport", en Coruña.

Amador, gracias polo consello. Tratarei de aplicalo. Entendo que o de evitar a boca seca é o punto de partida para relaxarse e que vai todo en cadea e a partir daí as pernas xa deberían estar menos agarrotadas.
Creo que outro erro que facemos é o de que nos pese o dorsal (como dicíades na charla) dende días antes, porque ó final, pensando friamente, non nos vai nada nesto (bueno... cando menos ó 95% de nós). Por eso che preguntaba tamén se podes aconsellar algún vídeo, libro, ou algo para aprender un pouco a meditar. Disque chega con uns minutos ó día e que é unha práctica moi agradecida (creo recordar que dicías no vídeo que estaban demostrados cientificamente os resultados).

E si, xa sei que Amador es ti, pero na contestación anterior saíume en terceira persoa, non sei se para facelo máis formal ou que Sorriso A ver se seguindo os teus consellos consigo aguantarte medio km na vindeira carreira ;p Por certo, en Miño moito frío papei despois da carreira, case valía a pena non facer podium, ainda que o trofeo está moi chulo! jaja
mac-ray

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
30/05/11
0 Carreiras
1311 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Lun, 05 Set 2022, 17:06
Asunto: Re: ¿Alguna recomendación para la fascitis plantar?

Uff si si, menudo día de verán nos tocou, e despois todos a queixarse de que hai sequía jajaja. Eu seguín correndo para non pillar frío.

Efectivamente hoxe por sorte o mundo avanza e algo que fai non tanto tempo era visto como de raritos, hoxe a ciencia sabe con rigor que meditar un chisco cada día, para ser máis precisos con 15' diarios 5 días semanais xa é suficiente para obter beneficios medibles en canto a reducción do tamaño da amigdala cerebral ( ira, rabia ) cambios no hipocampo e distintas zonas que nos aportan beneficio, eu sempre recomendo meditar comezando con meditacións guiadas sinxelas, e máis, nos meus plans de adestramento envío sempre meditacións para facer cada día, moita xente cóntame que un dos beneficios máis claros que sinte é que relativizan problemas que antes lles parecían un mundo.

En canto ao pensamento positivo para min o mellor e o Doutor Angel Escudero, podes atopar vídeos en youtube e incluso meditacións, facer afirmacións positivas en carreira tamén axuda moito nalgúns casos.

E no tema da lesión, eu sempre digo que hai que buscar sempre ata dar coa mellor solución, ideal buscar a orixe do problema.

www.youtube.com/channe...subscriber
xpab

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/10/11
0 Carreiras
283 Mensaxes
Betanzos
Respostar citando Envío Mar, 04 Out 2022, 6:52
Asunto: Re: ¿Alguna recomendación para la fascitis plantar?

Boas!

ainda que quizáis debería abrir outro fío porque o que vou preguntar xa non está relacionado coa fascite, decidín seguir por aquí porque quizáis poida aportar algo o que vou preguntar.

Amador, no vídeo onde falas con Jordi, dis ó final que ía haber unha charla para falar da tendinite do talón de Aquiles. Debe estar de moda porque o meu tendón apuntouse á tendencia dende hai uns meses Moi feliz Gustaríame aproveitar a baixada de intensidade post-maratón para adicarlle máis atención e tratar de atallalo. Así que... ó final fixéstedes a charla? Está subida nalgún lado?

Moitas gracias e desculpade por reciclar o fío para outro tema. Se vexo que se extende, abro un novo para tendinite de Aquiles.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos