Lun, 19 Set 2022, 21:10
Asunto: Re: MEIA MARATONA OPORTO 18/09/22
A histora desta carreira, escomenza o sábado día 10, para reservarme cara a media, decidín non apuntarme a ningunha carreira ese finde para non arriscar. Sain a adestrar suave e cando levaba sobre 7 kms. unhas molestias no sóleo durante uns centos de mts., despois pasaron, pero cando levaba 13 tiven que parar, fun a fisio, e unha contractura moi forte, díxome que non ia ser capaz de rematar a media con tan pouco descanso.
E descanso dinlle esa semana ata o venres que chegamos pola tarde a Porto, alí grandes pateadas e subir moitas costas e escaleiras nos monumentos.
O domingo fun convencido de que non ia a rematar, pero pensando, ata onde dei chegado irei.
Non quentei nada de nada, fun para meu caixón 5 minutiños antes e que gusto ver tanta xente novamente nunha carreira, o final 3204 remataron.
Paso polo arco de saida e acciono o GPS, algo máis de minuto e medio despois do pistoletazo. Que ambientazo había, durante 2'5 Kms. tiramos cara Matosinhos pola ribeira do Douro e despois volta para pasar moi cerca do punto de partida.
Vou moi cómdo a ritmos lixeiramente inferiores a 5 dende o momento que se pode correr, agora tocan 8 Kms, tamén pola Ribeira do Douro ata o Km. 13 no que se fará o retorno.
No 10 empezo a notar molestias, que cada vez van a máis e máis e cando levo 13'960 teño que parar. Eso que fun en modo conservador, ritmo medio ata ahí 4'55 e o km. máis rápido en 4'51. Estirei un pouco, moito dolor o facelo e quedeime quieto pensando que ia facer, collín o móvil para chamar a muller mentras escomenzaba a andar, ela ainda estaba no apartamento, así que iría ata o Km15 andando e de ahí ao aloxamento só había 600 mts. de subida a carón da ponte de Luis I
Cheguei ao 15 parei a beber no avituallamento e empecei a ver a algúns corredores andando, bastantes para a altura da carreira na que estabamos, e pensei, andando non me doe, no gardarroupa teño a mochila con pertenencias, así que en 1 hora estou alá, ainda que xa apretaba o sol bastante neses momentos.
Así que fun andando e nalgúns tramos daba uns centos de mts. de trote modificando a pisada e así andando e trotando din rematado a miña 145 media, co pior tempo con diferencia de 2h11'08" e posto 2394.
A media gustoume bastante, fixo unha mañán moi boa para correr, xa que estivo cuberto durante gran parte da carreira, despois si que empezou a apretar o sol, pero sen a humidade típica de Oporto, o percorrido moi chanciño, con lixeiros desniveis e moi poucos tramos do adoquinado típico de Portugal.
Mañán fisio e poreime de obxetivo poder participar na Media de Pontevedra para a que faltan 27 días.