Lun, 12 Set 2022, 14:54
Asunto: Re: IX CARREIRA NOCTURNA CORRE POR FERROL (10-sep-22)
adriangb25 escribió: |
Estou de acordo, non sei se é así, pero dáme a sensación de que fixeron algún cambio de ultima hora no percorrido, na zona de Ferrol Vello pode ser? |
Pola zona de Ferrol vello, cara ao peirao, tal e como estaba no mapa non podía ser.
Ou baixaban polo Paseo da Mariña, por diante da igrexa, cara á rotonda do peirao, ou ían por onde foi, cara atrás (non sei como se chama aquela rúa), e iso xa aumenta metros, pero tal e como viña no mapa non, porque cortaba recto cara ao peirao, e non hai por onde pasar.
Este tipo de carreiras, gartuítas, merecen todo o noso respeto e admiración, o que non quita que haia cousas que nos podan gustar máis ou menos.
A min algo que sempre me chama a atención e ver como calculan os ritmos finais.
Basan todo nun teórico 5k, pero que case nunca se da: na Carreira contra o maltrato soen ser menos de 5k e aquí foron máis (400 metros +/-)
Dese xeito, mentres que na carreira, por exemplo, Contra o maltrato, sae un ritmo altísimo, como consecuencia de aplicarlle a distancia de 5k cando corriches algo menos, aquí sae un rimo moi baixo, como se che levara ese tempo facer 5.000 metros, cando foron 5.400.
En fin, pequenos detalles que non empanan, de ningún xeito, o enorme traballo que fan levando estas carreiras a canta máis xente mellor.