Ven, 09 Mai 2008, 8:00
Asunto: Re: Maratón de Vitoria/Gasteiz, 11 de mayo de 2008
ante todo mandarlle unha forte aperta para
fema... supoño que tomar esa decisión non sería cousa doada
, pero ante todo está o noso benestar e o das relacións coa xente que nos rodea.
unha mágoa
porque me apetecía volver a verte (e máis correndo unha maratón)... pero tamén unha alegría
porque se nota que é unha decisión moi sensata e madurada que te vai facer sentir mellor e volver a disfrutar de novo deste deporte en xeral, e desta proba en particular.
entendo perfectamente todo o que falas... sempre dixen que o difícil dunha maratón non é correla (no tempo que sexa), senon preparala... e para moitos non compensa os beneficios que reporta cos sacrificios que conleva.
eu a día de hoxe atópome moi ben, moi contento e ilusionado pola que vai ser a miña sexta maratón... e aínda que cada vez me sinto máis enganchado e atraído pola proba dos
42 kms., tamén é certo que hai días de baixón, nos que te cuestionas se realmente disfrutas con isto, se merece a pena... días nos que o último que apetece é poñer as zapas e sair a correr...
pero o caso é que aquí estamos... a dous días escasos, coa maleta lista e cos inevitables nervios previos xa comezando a aflorar... e tamén con esas molestias inesperadas das que fala
afiador...
a min, ó contrario que
arenesco, vaime de cine a calor
(canta máis mellor, coma Indurain)... pero xa que non vai ser o caso, conformareime con que non chova moito; ou con que non faga vento, que é o que realmente me mata...
moita
sorte a todos, especialmente ao paisano
afiador (estarei atento a esa camiseta do
Adas), e tamén a
arenesco.
que a forza nos acompañe...
e sobre todo a disfrutar!!!!!!
saúdos.
sexo, zume de melocoton & rock'n roll