Foros ›
XXXX Gran Fondo - XXVII Media Maratón Pontevedra - III 10km
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
MilerVintageRunningClub

Foreiro infantil
Foreiro infantil
16/11/13
0 Carreiras
93 Mensaxes
Marín
Respostar citando Envío Mar, 13 Set 2022, 9:01
Asunto: XXXX Gran Fondo - XXVII Media Maratón Pontevedra - III 10km

Reglamento
1. DATA
A Sociedad Gimnástica de Pontevedra e o Concello de Pontevedra organizan o domingo
16 de outubro de 2022, a partir das 10:40 h o “XL Gran Fondo - XXVII Medio Maratón –
III 10K Pontevedra 2022”. Esta edición será Campionato de Galicia de Medio Maratón.
Os horarios de saída serán ás 10:40 h. para o 10 K. ás 11:00 h. o medio maratón.
2. PARTICIPANTES
Poderán participar todas aquelas persoas con 18 anos (o día da proba) ou máis, que o
desexen, sempre que estean inscritas nos prazos e formas establecidos ao efecto pola
Organización. A carreira desenvolverase en dúas fases diferenciadas dun máximo de
600 participantes no 10 K. e de 1400 no medio maratón. A organización resérvase 20
prazas a para deportistas convidados/as.
3. CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN
Quen participe comprométese a aceptar o presente regulamento e calquera posible
modificación da proba obrigada por causas alleas á vontade da organización. A
realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que se
inclúen neste regulamento.
Todo/a participante inscrito/a declara:
✔ Que se considera nun estado de saúde óptimo para participar no Gran Fondo - Medio
Maratón de Pontevedra - 10K.
✔ Que exime de responsabilidade á Organización pola perda de obxectos persoais ou
roubo, así como como por calquera contaxio de calquera enfermidade que puidera
sufrir durante o evento deportivo.
✔ Que autoriza sen contraprestación algunha a que a Organización faga uso de
calquera tipo de material audiovisual no que poida figurar o/a participante,
aceptando a publicación do seu nome completo na clasificación da proba, nos
medios de comunicación, e/ou internet.
✔ Conforme á L.O. 03/2018, informámoslle de que os seus datos persoais pasarán a
formar parte dun ficheiro, cuxo responsable é a Sociedad Gimnástica de Pontevedra
con domicilio social na Rúa Xoán Manuel Pintos s/n 36005 Pontevedra. A finalidade
do ficheiro é levar a cabo a xestión de datos para o Gran Fondo - Medio Maratón –
10K así como informarlle de futuras edicións. Se desexa exercer os dereitos de
acceso, rectificación, cancelación e oposición poderá facelo dirixíndose por escrito
á dirección sinalada, axuntando unha fotocopia do seu DNI.
A Organización resérvase o dereito de rexeitar calquera inscrición que non acepte o
presente regulamento. En caso de dúbida, ou de xurdir algunha situación non reflectida
no mesmo, estarase ao que dispoña a Organización.
4. INSCRICIÓNS
Faranse en mmpontevedra.com/ ata as 23:59 horas do día 9 de outubro de
2022 e non se admitirán inscricións posteriores.
OS/AS PARTICIPANTES NO MEDIO MARATÓN DAS EDICIÓNS 2020 E 2021 (EN
AMBAS EDICIÓNS) TERÁN A INSCRICIÓN GRATUÍTA NO ANO 2022 NESTA MESMA
DISTANCIA.
Haberá dous prazos para inscribirse:
✓ Ata as 23:59 horas do 30/09 e na que o/a deportista pagará a cota “Reducida”
de 20 € para o medio maratón e 10 € para o 10K.
✓ Dende o 1/10 e ata o remate das prazas ou do prazo de inscrición e na que o/a
deportista pagará a cota “Xeral” de 25 € no medio maratón e 15€ para o 10K.
Aqueles/as que só fagan a súa inscrición no campionato de Galicia de medio
maratón, non optarán aos premios, nin á bolsa do corredor da proba popular.
Participación de atletas doutras federacións autonómicas e estranxeiros/as:
Nesta proba a participación de atletas estranxeiros/as e doutras federacións
autonómicas rexerase de acordo co disposto nos artigos 16 e 17 da sección terceira do
"Reglamento para las competiciones de la temporada 2022 de la RFEA". Máis
información:
www.rfea.es/normas/pdf...ticion.pdf
A inscrición da carreira é persoal e intransferible, e non se devolverá o importe da
inscrición agás baixa médica documentada e enviada a info @ sgpontevedra.com antes
das 23.59h do 15 de outubro. En caso contrario, non se fará o reembolso.
No caso de que o/a deportista se inscriba como desempregado/a (só primeiro prazo)
devolveráselle a cota de participación polo mesmo sistema de pago; a persoa
beneficiaria terá que contar cun “Documento Acreditativo de Rexistro como
Demandante de Emprego” (D.A.R.D.E.) dun Servizo Público de Emprego en vigor ese día
(que terá que presentar inescusablemente ao recoller o seu dorsal). En caso da non
presentación do documento acreditativo, non se lle devolverá a cota de participación.
PROMOCIÓN INSCRICIÓN GRATUÍTA. Coa compra igual ou superior a 125€ na tenda
Miler Vintage Running Club na rúa Peregrina nº6 soto, en Pontevedra; conseguirás a
inscrición gratuíta no Medio Maratón. Promoción válida ata 30 de setembro 2022.
Prazo Proba Inicio Fin €
Desconto
desemprego
Primeiro Medio Maratón 1/IX 30/IX 20 Si
Segundo Medio Maratón 1/X 9/X 25 Non
Primeiro 10 K 1/IX 30/IX 10 Si
Segundo 10 K 1/X 9/X 15 Non
5. ACCIÓN SOCIAL
Voluntariamente todos/as os/as participantes e persoas da Organización que desexen
colaborar coa Rede Axuda poderán facelo entregando un produto alimenticio non
perecedoiro xusto no momento de recoller o seu dorsal que entregaremos no seu nome
a esta Institución (preferentemente aceite, leite, conservas,...).
6. PERCORRIDO DE RECOÑECEMENTO PREVIO.
A tradicional “quedada” a unha volta de todo o percorrido, será o venres 14 de outubro
ás 20:30 horas, é de acceso libre, e sairá de diante da porta principal do Centro Galego
de Tecnificación Deportiva. O ritmo de carreira será moi asumible co obxectivo de dar
a coñecer todo o percorrido. Prégase acudir con prendas exteriores de cores
rechamantes.
7. ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS.
Os/as deportistas terán que portar obrigatoriamente o dorsal entregado pola
organización no peito, sen dobrar nin ocultar, ben visible.
OPCIÓN DATA LUGAR
1
Do 13/X ao 15/X
En horario de tenda
Tenda Miler
r/ Peregrina 6 (soto) Pontevedra
2 16/X de 8 a 10:30 a.m.
Só deportistas de fóra de Pontevedra no
Pavillón Universitario de Pontevedra
DURANTE A XORNADA DA CARREIRA
8. GARDARROUPA.
Antes da saída os/as participantes terán un servizo de gardarroupa a súa disposición
no PavillónUniversitario.
9. CAIXÓNS DE SAÍDA
Haberá dúas zonas preferentes reservadas para todos os participantes:
PROBA ZONA XÉNERO TEMPO COR DORSAL
10K
1
Masculino Menor ou
igual a
00:36:00 Verde Feminino 00:46:30
2
Masculino Maior ou
igual a
00:36:01 Lila Feminino 00:46:31
Medio
Maratón
1
Masculino Menor ou
igual a
01:20:00 Amarelo Feminino 01:42:00
2
Masculino Maior ou
igual a
01:20:01 Azul Feminino 01:42:01
3
Masculino Maior ou
igual a
01:40:01 Branco Feminino 01:52:01
Haberá que indicar o lugar e data de consecución. Dita marca tivo que ser obtida nos
últimos 24 meses nunha carreira de medio maratón ou 10km.
Todos/as terán un tempo máximo de 01:10:00 para rematar o 10K. e 02:15:00 para
rematar o Medio Maratón tendo como límite de paso intermedio o último xiro de
Corbaceiras de 01:30:00.
10.PERCORRIDO.
Terá unha lonxitude de 21.097 metros para o medio maratón e de 10.000 metros para
o 10K. Nun circuíto HOMOLOGADO, urbano, pechado ao tráfico e sobre asfalto ao que
se lle dará dúas voltas. Cada quilómetro sinalizarase visualmente.
A SAÍDA será dende a Ponte dos Tirantes cara Bos Aires (dirección Marín), ponte de
Santiago, Rafael Areses, Alexandre Bóveda, Celso Emilio Ferreiro, Campus
Universitario, Celso Emilio Ferreiro, Alexandre Bóveda, Rafael Areses, ponte de
Santiago, Bos Aires (dirección Marín), Uruguai (xiro de 180 grados antes da rotonda de
Corbaceiras), Uruguai, Galera, Arcebispo Malvar, praza de España, Michelena, praza da
Peregrina, Odriozola, Soportais, praza Curros Enríquez, Real, praza Celso García de La
Riega, Valentín García Escudero, Bos Aires, Padre Gaite, Padre Fernando Olmedo, pista
atletismo CGTD, José Malvar, Bos Aires (xiro de 180 antes da praia fluvial), Bos Aires,
rotonda Sur da ponte dos Tirantes (comeza a segunda volta).
Despois do segundo xiro ao circuíto, ao chegar a rotonda da ponte dos Tirantes, deixala
a dereita para entrar en Padre Gaite, Padre Fernando Olmedo, acceso a pista de
atletismo do CGTD, os atletas correrán pola rúa 1 da mesma, para dar case unha volta
completa e META.
O percorrido para o 10 K será o mesmo pero dando unha única volta, e axutarase o
xiro de 180 que se realiza antes que o do medio maratón.
11.ARBITRAXE DURANTE A CARREIRA
A proba forma parte do calendario oficial da Federación Galega de Atletismo (FGA), polo
que contaremos co control do Comité Galego de Xuíces da FGA. Haberá ciclistas que
acompañarán na carreira favorecendo a seguridade dos deportistas durante a proba.
12. DESCUALIFICACIÓNS.
O servizo médico da competición, ou o persoal de Organización, están facultados para
retirar xustificadamente da carreira a calquera atleta que:
✔ Non leve axeitadamente o dorsal e/ou o chip oficial de control de tempos.
✔ Non realice o percorrido completo.
✔ Manifeste un mal estado físico evidente.
✔ Manifeste un comportamento non deportivo coa Organización, cos outros
deportistas ou co público.
✔ Faga protestas maleducadas, ou se reitere en protestas ante a Organización.
✔ Non cumprir o tempo máximo de remate de 2h15´00” ou ao paso polo último xiro
de Corbaceiras en 1h30´00”.
13.SERVIZOS SANITARIOS E SEGURO DE ACCIDENTES.
Todas as persoas participantes estarán cubertas cunha póliza de Seguro de
Responsabilidade Civil e dun Seguro de Accidentes Deportivos. Haberá dúas
ambulancias e dous médicos/as para a atención.
Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e
mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos
sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos
seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da
licenza de día e ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a
lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de
acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á
Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow 13 15008 A Coruña.
14.AVITUALLAMENTO
Haberá auga no circuíto cada 5 km aproximadamente. As botellas serán entregadas polo
voluntariado, cada participante será quen de coller o seu propio avituallamento, abrilo,
bebelo e encestar nos colectores de lixo dispostos para tal fin.
15.CHIP DE CRONOMETRAXE
Estableceranse controis de cronometraxe de chips por todo o percorrido co propósito
de verificar que todos os/as atletas cobren a totalidade do percorrido no mesmo
sentido da carreira. É obrigatorio pasar por enriba das alfombras de cronometraxe
dispostas ao longo do percorrido. Os/As atletas que non teñan todos os rexistros na
orde axeitada serán descualificados/as.
16.PERSOAS NON INSCRITAS
Toda aquela persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a súa responsabilidade e
non estará cuberta pola Organización. Se é advertida a súa presenza se lle instará a
abandonar o circuíto.
17.OUTROS
Na liña de meta, os participantes recibirán unha bolsa de produtos alimenticios,
bebidas, servizo de duchas, fisioterapia, médico, etc.
18.RECLAMACIÓNS
As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, non mais tarde de 30
minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados.
19.PREMIACIÓN E PREMIOS.
A cerimonia de entrega de premios efectuarase a partir das 13:30 h. na praza da Cruz
Vermella. Os/As atletas con dereito aos premios deberán estar presentes na mesma,
podendo delegar noutra persoa. Se non estivese presente ao inicio do acto, entenderase
que renuncia ao premio material e económico.
Recibirán trofeo os/as tres primeiros/as clasificados/as individuais da categoría
ABSOLUTA masculina e feminina do medio maratón e do 10K.
Ademais, no medio maratón haberá medallas para os tres primeiros homes tres
primeiras mulleres das seguintes categorías:
Máster 1 Máster 2 Máster 3 Máster 4
Maiores de 35 Maiores de 45 Maiores de 55 Maiores de 65
Establécense os seguintes premios en metálico para a categoría absoluta do medio
maratón:
1º 2º 3º
ABSOLUTA Masculina
Feminina 300€ 200€ 100€
LOCAL Masculina
Feminina 100€ - -
Para ter opción aos premios en metálico é requisito imprescindible facer un tempo igual
ou inferior a 1h14´00” en homes e 1h30´00” en mulleres.
Requirirase o D.N.I. ou documento análogo, aos atletas premiados. Poderán optar ao
premio local atletas do concello de Pontevedra ou vencellados aos Clubs federados do
mesmo concello.
Este premio non é acumulable, optando o/a atleta polo premio de maior contía,
cedendo o outro premio ao seguinte participante que cumpra os requisitos.
charliebueno

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/05/13
0 Carreiras
167 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 14 Set 2022, 9:53
Asunto: Re: XXXX Gran Fondo - XXVII Media Maratón Pontevedra - III 10km

Ojo que es también Campeonato Gallego de Media Maratón en cuanto a la inscripción federados. Opción a premios tendreis que anotaros en las 2 entiendo.
MilerVintageRunningClub

Foreiro infantil
Foreiro infantil
16/11/13
0 Carreiras
93 Mensaxes
Marín
Respostar citando Envío Xov, 15 Set 2022, 9:44
Asunto: Re: XXXX Gran Fondo - XXVII Media Maratón Pontevedra - III

Hola, si, es así. Este año es también Cpto Gallego de Madia Maratón. Adjunto reglamento del Cpto. El que quiera su respectiva bolsa del corredor o entrar en los premios económicos debe de inscribirse a la popular también.

Muchas gracias.

CIRCULAR 85-2022.
XXX CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA DE MEDIO MARATÓN
Art. 1).- A Federación Galega de Atletismo coa colaboración do Club Sociedad Gimnástica de Pontevedra e o Concello de Pontevedra, organiza o 16 de outubro o XXX Campionato de Galicia Absoluto de Medio Maratón, das categorías sub20, sub23 e Máster.
Art.2).- Poderán participar todos os/as atletas das citadas categorías que o desexen que teñan licenza pola FGA na tempada 2022.
Art. 3).- A proba celebrarase sobre a distancia de 21.097 Km. O percorrido está medido e homologado pola Real Federación Española de Atletismo.
Art.4).- A saída está prevista para as 11:00h. Estando ubicada na ponte dos
Tirantes cara á Avda. de Bos Aires (dirección Marín).
Art.5).- Por motivos alleos á FGA, non é posible empregar o sistema de inscricións da RFEA. Polo que se habilita a seguinte pasarela de inscrición: (Ligazón) ata as 23:59
horas do luns 10 de outubro.
Art.6).- Entregaranse medallas aos/as tres primeiros atletas de cada categoría
Máster, Sub 23 , Sub 20 e absolutos. E trofeo os tres primeiros clubs masculinos e
femininos sendo obrigatorio acudir ao protocolo de premios ao podio. No caso
contrario, non se entregarán nin as medallas nin os trofeos. A clasificación por clubs
farase tomando como base a suma de tempos conseguidos polos/as tres primeiros
atletas de un mesmo club (dos cales só un/unha pode ser estranxeiro/a). En caso de
empate na clasificación o gañador será o club cuxo último/a corredor/a que puntúe
quede mellor clasificado/a.
Art.7).- Os/as atletas deberán utilizar o dorsal outorgado pola organización de forma
totalmente visible por diante, en toda a súa superficie. O incumprimento desta norma
poderá ser motivo da descualificación. Será responsabilidade dos/as atletas levar
consigo imperdibles ou calquera outro sistema de colocación.
Art.8).- A organización establecerá distintos controis polo circuíto para o paso dos
participantes.
Art.9) A carreira estará controlada polo Comité Nacional de Xuíces da RFEA e o
Comité Galego de Xuíces da FGA. Todas as reclamacións deberán facerse
directamente ó xuíz árbitro da proba como máximo ata 30 minutos despois da
publicación dos resultados.
Art. 10) Os/as atletas participantes no Campionato de Galicia deberán pasar por
cámara de chamadas con identificación que estará aberta entre ás 10:30 h-10:45 h.
(Podendo ser modificado en función do número de inscricións). Unha vez rematado
este tempo, non se admitirá a participación do/a atleta agás casos debidamente
xustificados. O horario de cámara de chamadas poderá ser modificado en función do
número de inscritos/as.
Art.11).- A responsabilidade das inscricións dos atletas, salvo que sexan
independentes, corresponderá ao seu club. Aplicaranse as seguintes penalizacións
polo incumprimento da normativa de inscricións:
- Nas 24 horas previas e no propio campionato calquera baixa ou a non
participación final no Campionato terá unha sanción de 5 euros por proba,
salvo causa xustificada e comunicada previamente por escrito á FGA
direcciontecnica @ atletismo.gal
- Os posibles cargos derivados do incumprimento na comunicación das posibles
baixas, seguirán as consideracións establecidas la normativa técnica da FGA
para a tempada 2022.
- Non acreditar a veracidade nas inscricións enviadas á F.G.A. (6 euros por atleta
con datos falsos).
- Se non realiza a inscrición no prazo estipulado, deberá aboar 3 euros de
recargo.
- A aceptación do participante por inscribirse fóra de prazo será competencia do
director técnico, en función das características da proba onde se desexe
inscribir o/a atleta, podendo ser esta denegada.
Art.12).- Todo o non disposto no presente regulamento resolverase, por esta orde, de acordo as normas da F.G.A., R.F.E.A. e W.A.
xpab

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/10/11
0 Carreiras
284 Mensaxes
Betanzos
Respostar citando Envío Xov, 15 Set 2022, 10:05
Asunto: Re: XXXX Gran Fondo - XXVII Media Maratón Pontevedra - III 10km

Co de HOMOLOGADO, entendo que se refire tanto á MM como ó 10k:

10.PERCORRIDO.
Terá unha lonxitude de 21.097 metros para o medio maratón e de 10.000 metros para
o 10K. Nun circuíto HOMOLOGADO,
MilerVintageRunningClub

Foreiro infantil
Foreiro infantil
16/11/13
0 Carreiras
93 Mensaxes
Marín
Respostar citando Envío Xov, 15 Set 2022, 10:19
Asunto: Re: XXXX Gran Fondo - XXVII Media Maratón Pontevedra - III

Si, este año se vuelve a Homologar el Circuito de la Media Maratón (creemos que mejora lo de años anteriores), además el circuito de 10k, que siendo un complemento de la media y esta es la que tiene que llevar el protagonismo, queremos tenerlo homologado también
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
492 Carreiras
3772 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 09 Out 2022, 11:38
Asunto: Re: XXXX Gran Fondo - XXVII Media Maratón Pontevedra - III 10km

Pois con moita resignación non vou poder facer a miña undécima participación en Pontevedra, non quero arriscar, xa que a partir de agora, temos o calendario completo de carreiras con varias imprescindibles pola miña zona.
E ainda que estás 2 semanas fixen carreiras de 10 Kms. a de onte a bastante bo ritmo, ainda noto agora unha tirantez no sóleo, e dame medo facela e que ó ser tantos Kms. cárgueseme en exceso.
O que me sorprende por un lado son os poucos inscritos ata hoxe, que é cando remata o prazo hai 524, inscritos cando antes da pandemia pasaba claramente dos 1000 chegados a meta. Pero ca saturación de carreiras que temos no calendario non hai corredores para tanta carreira.
JaimeRV

Foreiro infantil
Foreiro infantil
3/06/13
39 Carreiras
133 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 09 Out 2022, 17:48
Asunto: Re: XXXX Gran Fondo - XXVII Media Maratón Pontevedra - III 10km

Hay medalla finisher?
Barrilete

Novo foreiro
Novo foreiro
12/04/22
35 Carreiras
21 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 10 Out 2022, 7:01
Asunto: Re: XXXX Gran Fondo - XXVII Media Maratón Pontevedra - III 10km

JaimeRV escribió:
Hay medalla finisher?

Por lo que vi en redes sociales, si hay medalla finisher para la media maratón.

Por outra banda, tes razón Kurty, só 571 inscritos fronte os cerca de 1.500 do ano 2019 antes da pandemia, un baixon importante sen dúbidas.



fenivohxoaar8wd.jpeg
Descrición:
Visto: 2319 veces
fenivohxoaar8wd.jpeg

B1cho

Novo foreiro
Novo foreiro
16/05/19
10 Carreiras
35 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 10 Out 2022, 23:13
Asunto: Re: XXXX Gran Fondo - XXVII Media Maratón Pontevedra - III 10km

Kurty escribió:
Pois con moita resignación non vou poder facer a miña undécima participación en Pontevedra, non quero arriscar, xa que a partir de agora, temos o calendario completo de carreiras con varias imprescindibles pola miña zona.
E ainda que estás 2 semanas fixen carreiras de 10 Kms. a de onte a bastante bo ritmo, ainda noto agora unha tirantez no sóleo, e dame medo facela e que ó ser tantos Kms. cárgueseme en exceso.
O que me sorprende por un lado son os poucos inscritos ata hoxe, que é cando remata o prazo hai 524, inscritos cando antes da pandemia pasaba claramente dos 1000 chegados a meta. Pero ca saturación de carreiras que temos no calendario non hai corredores para tanta carreira.

Nese ano antes da pandemia, 2019, a inscripción era moito mais barata, pero moito moito. Tanto eu como outros cantos que somos da contorna cando publicaron os precios a descartamos completamente
orion764

Foreiro Senior
Foreiro Senior
30/11/13
18 Carreiras
830 Mensaxes
Santiago Compostela
Respostar citando Envío Mar, 11 Out 2022, 7:41
Asunto: Re: XXXX Gran Fondo - XXVII Media Maratón Pontevedra - III 10km

A parte de esos 571 inscritos hay los apuntados al Campeonato Gallego de Media Maratón que no están ahí incluidos. Aún así es mucha menos participación que otros años.
Yo iré, no se si es mi séptima u octava vez (es la media que mas he corrido) y he visto que han vuelto a modificar el circuito; menos zona por el centro de la ciudad y más por el exterior por la zona universitaria lo que hará que haya menos público animando.
Que salga un buen día
Mariquiña

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
28/08/12
0 Carreiras
180 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Mar, 11 Out 2022, 10:00
Asunto: Re: XXXX Gran Fondo - XXVII Media Maratón Pontevedra - III 10km

Imposible apuntarse a la carrera ya, no?
Yo pude ayer, al estar federada al menos al campeonato, pero a la "popular" ya imposible, una pena, conocia dos casos que se decidieron a última hora.
Flamini

Novo foreiro
Novo foreiro
20/09/19
0 Carreiras
45 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 12 Out 2022, 9:15
Asunto: Re: XXXX Gran Fondo - XXVII Media Maratón Pontevedra - III

Boas!
Sabedes se haberá lebres?
Estiven mirando no regulamento, pero non atopei nada ????
Grazas
Lalin

Novo foreiro
Novo foreiro
12/10/22
20 Carreiras
22 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 12 Out 2022, 17:12
Asunto: Re: XXXX Gran Fondo - XXVII Media Maratón Pontevedra - III

Flamini escribió:
Boas!
Sabedes se haberá lebres?
Estiven mirando no regulamento, pero non atopei nada ????
Grazas

Lalin

Novo foreiro
Novo foreiro
12/10/22
20 Carreiras
22 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 12 Out 2022, 17:17
Asunto: Re: XXXX Gran Fondo - XXVII Media Maratón Pontevedra - III 10km

Boas, si hai lebres, para facer 1:35 1:40 1:45 1:50 2:00 pono na sección de noticias dos "Servicios que se ofrecen en el Gran Fondo Caixabank", disculpade, son novo en esto e ainda non o "controlo" ben, saudos e vemonos nas carrerias
Flamini

Novo foreiro
Novo foreiro
20/09/19
0 Carreiras
45 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 13 Out 2022, 5:51
Asunto: Re: XXXX Gran Fondo - XXVII Media Maratón Pontevedra - III

Grazas!





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos