Mér, 31 Ago 2022, 11:01
Asunto: Re: Diario de Meigalicix
Operación retorno. Semana 5:
Cinco semanas prepandemia daban para moitísimo máis. Agora están tan devaluadas como o poder adquisitivo do soldo base.
Certo que a semana de Louro rematou con 3 saídas a trotar, por asfalto e area, moita andaina e unha media diaria de 16000 pasos, 5 días consecutivos de táboa de exercicios e unha aceptable recuperación do glúteo dereito. Por esa banda non hai queixa.
Pero foi chegar a Vigo e deixar aparcada a sana rutina de abdominais en favor do leiragim de urxencia ( chover non chove, pero o gramos medra igual ou peor).
Hoxe por fin calcei as zapatillas, en plan agrimensora de Tagen Ata, coa idea de comprobar se a Vía Verde estaba xa utilizable en toda a extensión, e canto é o longo exacto da mesma.
Resultados : Desde o extremo de Chapela ata a beirarrúa de Vía Norte saen, segundo o Garmin, 4,7km aprox, e facendo ida e volta máis ou menos 9,5 km. Pero non compensa, pois hai unha boa porción de falsa terra prensada, que en realidade é cemento con algo de gravilla enriba, e non da xeito ir por aí, e non é cousa de andar invadindo o carril bici de seguido... Aínda que hoxe, ás 10:30 da mañá gañaban por goleada o número de persoas correndo, paseando cans, peregrinando a Santiago, empurrando carriños e andadores geriátricos. De todo iso había, fronte a 5 bicis adultas e 3 infantiles. A verdade é que para ser día de semana a media mañá estaba moi concurrida a Vía Verde. E iso que aínda non está inaugurada.
Outra razón pola que non me compensa é o difícil que me resulta manter un ritmo de entre 5:40 a 5:50, moi cutre para ser llaneando, nun pavimento así. Cando vou por asfalto chupo máis costas arriba, pero tamén hai costas abaixo que me deixan o consolo de crer que podo ir máis rápido.
En calquera caso, de aquí ao retorno, 11 de setembro no Berbés, quédanme como moito 4 entrenos . Non queda marxe para ningún miragre. Se remato os 10 km de ese día en menos de 60 minutos xa será moito.
Última edición por Meigalicix o Xov, 01 Set 2022, 20:51; editado 1 vez