Ven, 30 Set 2022, 18:57
Asunto: Re: Maratón Atlántica Coruña 42 (2/10/2022)
Fun hoxe polo dorsal, e todo ben. Moi fácil de entrar na Coruña por Alfonso Molina ata o peirao, pasando polo túnel.
O problema estivo en que o parking do Parrote estaba pechado, ou polo menos a entrada dende o túnel. Non sei se haberá máis entradas.
Ao final había sitio no entorno do Castelo de San Antón, aínda que todo estaba petado de coches, supoño que pola hora, as 5 e media da tarde.
O parking que si parecía funcionar era o do Palexco.
Por certo, a cola para o dorsal, da 10k chegaba ata a Torre de Hércules
mentres que na da C42 éramos 3...