Dom, 02 Out 2022, 7:11
Asunto: Re: 39º CARREIRA PEDESTRE POPULAR DA AMAÍA
Duas semanas despois do fracaso da media de Oporto, tocaba ver se recuperara da contractura sufrida, así que en compañía dun nutrido grupo de compañeiros do C.A.O. estivemos en Brión.
Como levaba 13 días sen facer nada, debín quentar uns 300/400 mts. e saida dende atrás de todo, Obxetivo rematar e a máis mínima sinal de molestia parar. O primeiro Km. de toma de contacto, o máis lento da carreira, xa que tamén ten algo de subida en 5'14", vou despaciño controlando as sensacións e o percorrido é moi parecido o da edición do 2018, a derradeira que corrín, subida longa, ainda que cun descansiño para bordear o santuario de Sta. Minia e despois toca baixada longa e moi pronunciada, ahí voume frenando, para protexer o sóleo, cando chegamos abaixo, toca xirar a esquerda e despois doutra subida, cun tramo final durísimo, para completar a 1ª volta todo o que queda e baixar e llanear, metade da carreira feita e sen molestia nengunha, así que vou aumentando o ritmo, xa que ademáis xa coñecemos o que nos queda, así que chegamos a meta cun bo ritmo no derradeiro Km. sen incidencias.
Polo meu GPS, a 4'57" xustiño para unha distancia de 9'820 Kms.
Despois da ducha reparadora, quédamonos un bo anaco tomando algo pola zona e disfrutando da compañía dos compañeiros do club.
Un saudo e posiblemente o sábado acuda a Carreira gratuita do dolmen de Dombate.