Dom, 18 Set 2022, 23:39
Asunto: XII CARREIRA PINGA-PINGA. DESDE SANTOMÉ, GRAZAS!!
XII PINGA-PINGA (8 OUTUBRO 2022): Proba do calendario oficial da Federación Galega AtletismO
Co obxectivo de dinamizar o deporte na nosa comarca, máis en concreto no Concello de Marín, e dar a coñecer a parroquia de San Tomé de Piñeiro, o Club Deportivo Pinarium convoca a 12ª edición da Carreira Pinga-Pinga que terá saída e chegada na Parroquia de San Tomé de Piñeiro.
REGULAMENTO
1.- XERAL:
Participación:
Poderán participar atletas federados e non federados.
Estes participantes declaran acudir a proba disputada no concello de Marín en bo estado físico e sin síntomas que podan relacionarse coa Covid-19.
NORMATIVA:
I) A saída darase no campo de futbol de Santomé "Chan de Piñeiro", ao igual ca chegada. No campo de futbol o acceso estará controlado pola organización, debido ao aforo limitado para este tipo de eventos deportivos.
II) Os participantes deberán colocarse na liña de saída cando estableza a organización e os xuices da competición.
III) A Organización contará coa axuda dos organismos municipais competentes que regularán o tráfico ao longo de todo o percorrido. É unha obriga obedecer ás indicacións de ditos organismos.
IV) Será obrigatoria a utilización do dorsal en todas as categorías da carreira. O chip de cronometraxe ofrecido pola organización irá nos dorsais das carreiras sub14-sub16 ata a carreira absoluta, para facilitar o control dos tempos destas carreiras de circuito exterior
V) Cada participante que se inscribe nesta carreira pon de manifesto que considera ter un estado físico apto para completar a proba sen que poda afectar a súa saúde.
VI) A participación de atletas extranxeiros e de outras federacións autonómicas rexirase de acordo co disposto no artiglo 3.4. do "Reglamento para las competiciones de la temporada de campo a través, marcha, carreras en carretera, y reuniones de pista cubierta y aire libre”. Se completará a información desta norma.
VII) Reclamacións: deberán ser feitas nun prazo máximo de 30 minutos desde a publicación dos resultados oficiais.
VIII) Serán motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuíto da carreira, recibir axuda externa ou de motor para completar o percorrido, non levar o dorsal visible para os xuices ou manipular este, falsificar datos persoais.
IX) Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de Competición da FGA, RFEA e WA para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.
Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow13 - 15008 A Coruña.
ASISTENCIA MÉDICA E SEGUROS: A organización contará con servizos médicos e ambulancia na zona de saída/meta desde media hora antes do comezo das probas e ata media hora despois da finalización. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados para retirar da carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o desenvolvemento da mesma.
SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun padecimiento latente, imprudencia ou desantendimento das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo. A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón: Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
2.- HORARIOS E LUGARES.
Data: sábado, 8 de outubro de 2022
Lugar: Campo de fútbol San Tomé de Piñeiro (Marín)
VI ANDAINA (DESDE A IDADE DE 5 ANOS) ANTES DA CARREIRA DE MAIORES: HORA DA ANDAINA AS 16:00H.
CATEGORÍAS
CATEGORÍAS DE MENORES (PRAZAS LIMITADAS, para elaborar as listas de saída ):
PITUFOS (nados 2015-2016) HORA: 16:45 (DISTANCIA 200m)
CHUPETES (nados 2017-2018-2019) HORA: 16:55 (DISTANCIA 100m)
BENXAMÍNS (SUB 10) 60 PRAZAS:
Hora: 16:05 (nenas)/ 16:08 (nenos)
Benxamíns = nados 2013/2014
Percorrido: 500 mts aprox.
ALEVÍNS (SUB 12) 50 PRAZAS:
Hora: 16:15 (nenas)/16:20 (nenos)
Idade: Alevíns = nados 2011/2012
Percorrido: 750 mts aprox.
INFANTIS (SUB14)
CADETES (SUB 16), teñen 1 € de inscrición polo chip de cronometraxe do circuito exterior (70 PRAZAS)
Hora: 16:30
Idades: Sub14- Nados 2009/2010
Sub16- Nados 2007/2008
Percorrido: 2.000 m aprox. – unha volta pequena de circuito.
MAIORES (CATEGORÍA ADULTOS):
Hora: 17:00h.
Percorrido: 7.500m – tres voltas.
Idade: desde nados en 2006
Categoría agrupada desde Sub18 a sub23: nados de 2000 a 2006
Senior: 1999 e anteriores (ata veteranos)
Master A: De 35 a 44 anos
Master B: De 45 a 54 anos
Master C: A partir De 55 anos xa cumpridos
3.- INSCRICIÓNS, En
www.carreirasgalegas.com:
ANDAINA: 1 € Para todos os participantes
MENORES: Gratuita (excepto os que corren en circuito exterior, que teñen 1 € de inscrición e chip para os infantís e cadetes e terán clasificación en ditas categorías) Todas as Inscricións na web
www.carreirasgalegas.com
MAIORES: En
www.carreirasgalegas.com será a pasarela de inscricións, dorsais-chips e resultados da Categoría Adultos. AS INSCRIPCIÓNS se poderán levar a cabo ATA 5 OUTUBRO as 23:59h.
A inscrición individual dos adultos serán 6€ (1 € de cada inscrición individual será A FAVOR DA AECC- Asociación Española contra o Cancro)
4.- PERCORRIDO:
PERCORRIDO MENORES: Campo de Fútbol de San Tomé – Fonte de Pinga-Pinga – Cruceiro – Baixada cara o Campo de Fútbol de San Tomé.(1 Volta pequena)
PERCORRIDO MAIORES: Campo de Fútbol de San Tomé – Fonte de Pinga-Pinga – Bar Stop – Igrexario – Bar o Tobo – Campo de Fútbol de San Tomé.(3 Voltas).
5.- PREMIOS: ENTREGA PREMIOS.
MENORES: @s 3 primeirs clasificad@s de cada categoría recibirán un trofeo.
MAIORES: Trofeo aos tres primeiros clasificados MASCULINO E FEMENINO das cinco categorías establecidas, exceptuando os 3 primeiros da categoría absoluta. Estes levan o premio da Absoluta (non acumulativos).
Hai Premio para o primeiro e a primeira atleta de Marín, unha comida/cea para cada un, no Restaurante Taberna A de Lucho.
Na carreira absoluta, recibirán os seguintes premios:
ABSOLUTA MASCULINO
1º - 200 € e Trofeo PINGA-PINGA (serie limitada)
2º - 100 € e Trofeo
3º - 50 € e Trofeo
ABSOLUTA FEMENINO
1ª - 200 € e Trofeo PINGA-PINGA (serie limitada)
2ª- 100 € e Trofeo
3ª- 50 € e Trofeo
Os premios se ingresarán por transferencia do clube organizador no prazo de 10 días (premios en concepto de gastos de desprazamento e estancia)
Haberá un trofeo “Amigos Pinga Pinga” para o clube que teña máis participantes que completen a Carreira absoluta (excluido o Clube organizador)
Como novidade desta edición:
???????????????????????????????????????????????????? ????????????????????
Esta cronoescala se levará a cabo no trascurso da carreira absoluta (na subida da segunda volta desde o campo de futbol) e haberá premio para os mellores tempos masculino e feminino nesta subida (condición para levar estes trofeos é que @s que obteñan estes mellores tempos, terminen a Carreira Absoluta entre os 60 primeiros homes ou as 60 primeiras mulleres).
OS ATLETAS QUE OBTEÑAN ALGÚN PREMIO DEBERÁN ACREDITAR A SÚA IDENTIDADE
6.- AGASALLOS
Camiseta técnica para os 250 primeiros inscritos na categoría absoluta, avituallamento para todos os participantes.
Organiza: CLUB DEPORTIVO PINARIUM E O CONCELLO DE MARÍN, en colaboración coa Comunidade de Montes de Santo Tomé de Piñeiro.
Última edición por PINGA-PINGA o Mar, 08 Nov 2022, 18:05; editado 7 veces