Rufino escribió: |
Boas, revisando o regulamento hai Gardaroupa no mesmo pavillón onde se recollen os dorsais pero alguén sabe se haberá duchas operativas? Grazas. |
ZeusOurense escribió: |
Parabéns á organización e a tod@s @s atletas que participaron nas diversas probas, é un pracer correr por Pontevedra Participei o ano pasado no 10K e este ano animeime a dar as 2 voltas ao circuito Un comentario constructivo é que estaría ben que houbese cestos destos para tirar as botellas ao longo do percorrido e non só xusto despois dos avituallamentos, para poder tirar as botellas despois (ou os sobres de plástico dos xeles, por exemplo). E por último, un comentario machista e inapropiado que escoitei durante a carreira: íamos en grupo, adiantamos a unha rapaza e unha persoa díxolle algo como "a ver esas chicas que salís muy rápido y luego pincháis". Sen comentarios |