Foros ›
XXI C. P. CONCELLO DE AMES (23/10/22)
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
493 Carreiras
3774 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 18 Out 2022, 20:52
Asunto: XXI C. P. CONCELLO DE AMES (23/10/22)

Estiven buscando e non encontrei aberto ningún tema, sendo esta carreira o vindeiro Domingo e ademáis Campionato Galego de 10k. en ruta.
Eu acábome de inscribir, sendo o 300 en facelo, xa é un bo número contando que mañán remata o prazo de inscripcións e imaxino que coma sempre os federados irán nun listado aparte, polo que seremos bastantes máis.

www.carreirasgalegas.c...060f65ca4f
pherreGZ

Foreiro infantil
Foreiro infantil
4/06/13
23 Carreiras
58 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 19 Out 2022, 14:56
Asunto: Re: XXI C. P. CONCELLO DE AMES (23/10/22)

Sobre esta carreira, eu tamén estou inscrito, (sería a miña segunda carreira postpandemia). Pero surxiume unha dúbida, hai posibilidades de cancelación vendo o tempo como está?
kosta

Foreiro Senior
Foreiro Senior
30/10/10
130 Carreiras
739 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Mér, 19 Out 2022, 15:12
Asunto: Re: XXI C. P. CONCELLO DE AMES (23/10/22)

pherreGZ escribió:
Sobre esta carreira, eu tamén estou inscrito, (sería a miña segunda carreira postpandemia). Pero surxiume unha dúbida, hai posibilidades de cancelación vendo o tempo como está?

Entiendo que salvo cancelación del evento debido a causas meteorológicas, no.
Fer.

Foreiro infantil
Foreiro infantil
3/10/11
142 Carreiras
58 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 20 Out 2022, 10:30
Asunto: Re: XXI C. P. CONCELLO DE AMES (23/10/22)

(Ups. Dupliquei o post. Algún mod pode borrar?)


Última edición por Fer. o Xov, 20 Out 2022, 10:32; editado 1 vez
Fer.

Foreiro infantil
Foreiro infantil
3/10/11
142 Carreiras
58 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 20 Out 2022, 10:31
Asunto: Re: XXI C. P. CONCELLO DE AMES (23/10/22)

Tras a miña non presenza en Brión, esta será (tocando madeira) a primeira carreira en case tres anos. Moi feliz

É campionato galego de 10 km en Ames outra vez?
Esperemos que nesta ocasión os caixóns non se repartan de maneira absurda (con todos os federados diante) nin que o agasallo sexa unha bolsa baleira, como na ocasión anterior.

Pero, polo demais, esperando con ganas a miña participación n.º 17 en total nesta sempre fermosa carreira. Entendo que o circuíto homologado se manterá mentres estea pagado, pero sería bonito pensar en recuperar no futuro algunha das zonas do concello que se percorrían nos tempos en que se saía desde o Pazo da Peregrina ou do paseo fluvial.
kosta

Foreiro Senior
Foreiro Senior
30/10/10
130 Carreiras
739 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Xov, 20 Out 2022, 12:44
Asunto: Re: XXI C. P. CONCELLO DE AMES (23/10/22)

Si, es campeonato gallego de 10k
Keka77

Organización
Organización
10/03/14
0 Carreiras
238 Mensaxes
Frades
Respostar citando Envío Xov, 20 Out 2022, 18:12
Asunto: Re: XXI C. P. CONCELLO DE AMES (23/10/22)

Boas
Dan pequena borrasca para o domingo, a carreira de Ventorrillo foi aprazada por mor do temporal xa que dan refachos de 60-80 km.
negroderairo

Novo foreiro
Novo foreiro
26/01/18
0 Carreiras
26 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 20 Out 2022, 21:28
Asunto: Re: XXI C. P. CONCELLO DE AMES (23/10/22)

entendo que se suspenden algo sera comunicado antes do domingo non....non faran a falcatruada de facernos ir e non correr...
Keka77

Organización
Organización
10/03/14
0 Carreiras
238 Mensaxes
Frades
Respostar citando Envío Ven, 21 Out 2022, 5:11
Asunto: Re: XXI C. P. CONCELLO DE AMES (23/10/22)

Si claro, entre hoxe e mañá sabremos algo.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
493 Carreiras
3774 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 23 Out 2022, 21:23
Asunto: Re: XXI C. P. CONCELLO DE AMES (23/10/22)

Pois si que se celebrou a carreira, cando chegamos a bertamiráns sobre as 9:45, a que estaba caendo, tivemos que quedarnos no coche un bo rato, e xa casi tiñamos descartado correr se seguía así. pero como parou fomos buscar os dorsais, só quentamos entre ir e vir correndo ata o coche, xa que un pouco antes de escomenzar volveu a arrollar e refuxieme debaixo dun balcón, polo que saín dos derradeiros; acompañandonos esa tromba durante o 1º Km. ou algo máis, e cuns refachos fortes. O vento seguiu durante gran parte da mesma, pero chover, xa case non o fixo.
O circuito xa non me acordaba del, xa que só correra con este circuito no 2016, é moi rápido, xa que só ten unha subidiña ca sua correspondente baixada, e algúns tramos que pican lixeiramente cara riba.
Eu conservador coma sempre, facendo a 2ª volta máis rápida ca primeira, para un neto de 46'28 tempo que fixen nas 4 últimas carreiras que corrín, segundo arriba. segundo abaixo todas dentro dos 46 munutos.
Fer.

Foreiro infantil
Foreiro infantil
3/10/11
142 Carreiras
58 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 24 Out 2022, 1:34
Asunto: Re: XXI C. P. CONCELLO DE AMES (23/10/22)

No meu caso, extremadamente contento de poder volver facer unha carreira, tras estados de alarma e lesións. É ademais, unha das poucas veces que "competín" sen dor desde 2016. Así que todo incrible.

En canto a tempos, o obxectivo era non superar en máis de 10 minutos a miña marca personal, e foron 7. Máis non se pode pedir (realistamente). Agora veremos que tal a de Santiago, na que o vínculo sentimental pode máis que o hiperbólico prezo de inscrición.

A única crítica construtiva que se me ocorre é que publicar datas exactas DD/MM/AAAA de nacemento na clasificación (en Internet e, potencialmente, "para sempre") constitúe unha divulgación de datos persoais moi innecesaria.

Polo demais, a sinalización e delimitación do circuíto, avituallamento, servizo de fisioterapia, labor dos voluntarios... Moi ben montado.

Así que parabéns á organización de Ames. E a esas nubes que decidiron descargar antes de e non durante a carreira. Razz


Última edición por Fer. o Lun, 24 Out 2022, 12:40; editado 1 vez
ivanno

Maratoniano
Maratoniano
14/12/08
139 Carreiras
887 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 24 Out 2022, 8:45
Asunto: Re: XXI C. P. CONCELLO DE AMES (23/10/22)

A mín tamén me sorprendeu que se celebrara, noraboa a organización por sacar adiante o evento sen poñer en perigo aos participantes.

Respecto ao que di o compañeiro sobre a publicación das datas de nacemento non ten sentido e é unha práctica sancionable, ese dato pódese suprimir facendo mención só á categoría na que compites.

Noraboa de novo aos organizadores.
chogori

Maratoniano
Maratoniano
21/04/08
0 Carreiras
119 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 24 Out 2022, 9:29
Asunto: Re: XXI C. P. CONCELLO DE AMES (23/10/22)

Contento ca carreira. O día era o quera, pero aínda así, disfrutei (e sufrín) correndo por un circuito donde normalmente entreno. E a pesar do mal tempo, puden facer a miña mellor marca en 10k., con o cual, moi contento.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos