Dom, 23 Out 2022, 10:10
Asunto: Re: S.D. Compostela Atletismo
Éxito branquiazul en Trazo con excelente participación da SD Compostela Atletismo.
- Victoria absoluta en A Guarda para Julia Vaquero.
· Volveu o Circuíto da Costa da Morte con diversas probas en Corcubión e destacadas actuacións dos nosos.
Os atletas da SD Compostela Atletismo afrontaron unha fin de semana de compromisos deportivos que, de novo, fixo que se desprazaran por diversas localizacións da nosa comunidade. Moitos deles dobraron e representaron ao club en citas tan especiais como a carreira “Camiñando polo Dano Cerebal” de Santiago, “Correndo pola Costa da Morte” en Corcubión e o “Trillazo” da veciña localidade de Trazo entre outras.
A Pobra do Caramiñal foi a primeira cita desta intensa fin de semana coa celebración da Milla Urbana Nocturna, proba na que a nosa Julia Salvado foi 3º da categoría junior e 4ª absoluta.
En Maside, o atleta ourensán Alejandro Montero amosou o seu gran estado de forma e logrou un traballado 3º posto xeral. 54 minutos e 22 segundos foron suficientes para que Alejandro completase os 13,5 km de percorrido que formaban esta XV Edición da Popular de Maside.
A novena carreira do Circuito “Correndo pola Costa da Morte” citou na tarde do sábado aos atletas na mariñeira vila de Corcubión. Nova victoria para
Yago Iglesias, como o atleta xuvenil máis rápido e paranElena Veres, 3ª absoluta e 2ª Senior nos 10k.
Alí estiveron, tanto as nosas representantes na proba dos 3K: María Tarrío (4F), Laura Botana (7F), Antía Botana (11F) e Malena Amigo (19F); como os corredores da proba 10K: Elena Veres (3F), Manuel Castiñeiras (41M), Juan Luis Botana (91M) e Nuria Mejuto (14F). Tamén Ariana Iglesias participou en categoría alevín.
Julia Vaquero despois da súa victoria por parellas no trail da Carixa, voltou a saborear a victoria na proba da sua vila, proba que leva o seu nome, sobre unha distancia de 5k Julia impuxo a súa calidade no asfalto.
A I Carreira Solidaria Camiñando polo Dano Cerebral, celebrada en Santiago de Compostela na xornada dominical, contou con representación compostelanista, tanto na proba deportiva coma nos servicios de voluntariado.
Malena Amigo foi 12ª na clasificación feminina, Irene leis gañou en menores donde tamén participaron Clara Leis e Martina Rodriguez.
Ángel García, Candela Otero, Jesús Cabo e Bartolomé Balsa formaron parte do equipo de voluntarios.
Pechando a fin de semana, a I Edición do Trillazo en Viaño Pequeno, congregou a un amplo número de corredores branquiazuis na localidade de Trazo. Nos diferentes percorridos asignados ás distintas categorías houbo máis dunha camisola da Esedé. Os nosos atletas deron todo de sí nunha proba de 4,8k e de moita esixencia física.
Venceu o míster Amador Pena cun tempo de 17:04, seguido de Emilio García (3M /2ºMáster2), Manuel Castiñeiras (5M/4ºMáster2) e Martín Abelenda (6M/5ºMáster2). Premiación tamén para Fernando Paz como 3º Máster3, Elena Veres como 1ª Senior e María Tarrío que foi 3ªMáster2. Completaron a participación da SD Compostela Atletismo na proba absoluta do I Trillazo: Roi García (16M), Laureano Varela (24M) e Nuria Mejuto (14F).
imagenes free
Os nosos atletas máis novos tamén formaron parte deste evento deportivo nas súas diferentes categorías:
Iago Mateos foi 2º Sub16 e África Gil acadou o 3º posto Sub14. En Sub10 e Sub12, estiveron: Marta Vilacoba que gañou no seu debut nas carreiras, Marcos Barcala, Xoel Otero, Hugo García, César Ramos, Daniela Gil e Adrián Mayo. Alex Pena representou a SD Compostela Atletismo na proba Sub8 e Daniela Mayo en Sub6, a maoría deles con distintos podios e pasandoo pipa.
Pero as cores da SD tamén chegaron fora da nosa comunidade e cruzaron a fronteira co país luso.
Jordi Carrasco viaxou ata Oporto para participar na máis que recoñecida Media Maratón da cidade portuguesa onde, unha vez máis, Jordi visibilizou o seu compromiso coa causa de Lúa e a enfermidade da artrogripose.
Pechamos a finde con outra morea de kms e vivencias acumuladas, con un gran grupo dentro dun gran equipo, avante Compos !