Lun, 24 Out 2022, 9:38
Asunto: Re: IV Dubra Trail - 23/10/22
bos días.
quixera
agradecer o traballo feito pola organización
As
circunstancias non eran fáciles onte, pero desde a entrega de dorsais e servizo de gardarroupa, o almorzo quentiño ao chegar
, a
marcaxe da ruta (perfecta),
atención ás persoas participantes DURANTE a ruta (había máis xente colaborando e de Protección Civil que corredores
) , xantar abondoso despois da carreira/andaina, ...
Creo que a información antes da carreira, nos días previos é
mellorable, pero o acontecido respondeu ao indicado no regulamento así como no email do día anterior, polo tanto
nada que obxectar. Non é unha crítica, só indicar que na miña opinión ese mesmo email enviado un día ou dous antes xa solventaría algunha dúbida de loxística e similar.
Eu participei na ruta longa de carreira, e o temporal de vento e chuvia deulle un carácter un pouquiño máis épico ao asunto
, en vez de ir por camiños a veces corrías por "ríos"
Como digo estaba todo perfectamente sinalizado, cun par de subidas algo máis longas, un par de tramos trepando incluso, algunha baixada complicada debido ao enlamado do terreo, a parte inicial ao longo do río moi corrible, pasamos regueiros cheos de auga, zonas de muíños, e as vistas dunha fermosa
fervenza que caía desde a outra beira do río... a maioría destas cousas desfrutáronas tanto as persoas da andaina como as das carreiras.
Resumindo:
Grazas.
Saudei a algún compañeiro que había moito non vía e tamén a algunha persoa de por aquí
Iso tamén estivo ben.
Est.2008 mastodon.gal - Libros "Run&Endurance"