Sáb, 05 Nov 2022, 15:24
Asunto: Re: Evolución participación carreras populares Galicia
Primeiro de todo agradecer a Javi_fer por abrir este fío tan interesante e aportar os datos.
Eu como moitos dos que aquí opinades, pensaba que o prezo era, si non a principal, unha das mais importantes causas do descenso nas participacións. Pero xa non o teño tan claro. E poño un exemplo:
- A 24ª Media Maratón de Vigo “La 21” que se celebra mañá. Importe de 19 € cando abreu o prazo en abril (a mais de 6 meses vista), ata 30 € no tramo final.
Inscritos 901.
- A 36ª Volta a Ría “Memorial Adolfo Ros” que se celebrará o 11 de decembro. Importe solo 4 € todo o tramo de inscrición desde o 29 de outubro (pouco mais de 1 mes vista). Ogallá me equivoque pero dada a evolución descendente (962 chegados no 2015 e 566 no 2021) calculo este ano que poderá rondar os 600.
Imos coas diferencias:
- No primeiro caso temos unha organización privada que “tiene que currarselo”, con patrocinios importantes incluso institucionais (Concello e Deputación). Anúnciase con antelación, ten unha web oficial, RRSS activas, vías de contacto, etc. Ainda que sorprendentemente sendo CenG unha referencia importante para moita xente, e no me consta fío da carreira aquí estando solo a entrada no calendario, conseguiu “seducir” a participación. Evidentemente buscase rentabilidade, de ahí o prezo. Pero con 901 apuntados non parece un fracaso para os organizadores. Habería que saber unha vez celebrada, a opinión xeral dos participantes sobre o desenrolo da proba e trato ao corredor, fundamental para o éxito en sucesivas edicións.
- Na “Volta a Ría”, a organización recae nos concellos polos que pasa o percorrido. Non se busca rentabilidade, de ahí tamén o prezo, pero tampouco “tiene que currarselo” como no caso de “La 21”. Non se anuncia con antelación, non hai patrocinios importantes, non hai web nin RRSS... Digamos que deixase ir todo rodado dun ano para outro, de feito incluso con copia-pega no regulamento... Da a impresión de que faise un pouco como un “marrón” que os concellos deben asumir, ainda que en honor a verdade, as veces que participei nunca tuven de que queixarme, posto que nos requisitos esenciales dunha carreira sempre cumpliron. Pero vista a evolución dos últimos anos, non están conseguindo “seducir” aos corredores. É unha lástima, porque cun recorrido bastante chulo, coido que tería potencial non para chegar as cifras dunha Vig-Bay, pero ostras, cun pouquiño mais de curro e ainda que duplicasen o prezo, debería superarse o milleiro de participantes.
Miña conclusión: e mais importante
currar e saber vender a carreira que o prezo da mesma, a efectos de número de participantes.