Mér, 09 Nov 2022, 19:05
Asunto: Re: Evolución participación carreras populares Galicia
Sí que parece claro que a mediados da década pasada houbo o pico, tanto de participantes como de nº de probas. A partires de ahí, vai descendendo, pero según os traballo de Kosta e Javi_fer, as carreiras "de toda a vida" non están peor que hai doce anos. Están consolidadas e terán altibaixos, pero non creo que acaben por desaparecer. Despois hai moitas probas que non duran mais de duas ou tres edicións, ben porque perde alicientes para o corredor, ou porque a Administración de turno non lle interesa. Basta comparar os calendarios de 2015 e 2022 para ver cantas tuveron existencia efímera... moi poucas logran manterse con éxito (penso na SantYago, Media das Catedrais, Os 21 do Camiño, Sin-Son...). Como todo na vida, é dificil chegar, pero mais duro manterse.
En canto a subida de prezo por parte das organizacións, pois é lóxico. Si a elas lle suben o cronometraxe, os avituallamentos, a ambulancia, as camisetas... pois non lles queda mais remedio que repercutir no prezo da inscrición. Entón, como tamén suben combustibles, restauración, etc... como di Zancadilla, cantas ao ano te podes permitir? (E conste que 55 € por un Ultra non me parece excesivo). Pois é o mismo que si antes saias a cenar unha vez ao mes, ahora vas cada dous. Si non asistimos mais, a culpa é das NÓMINAS. Eu cando me chega a fin de mes, mira que lle insisto para que a próxima veña mais elevada, pero a condenada non me fai nin caso.