Foros ›
Probas puntuables e prezos de inscrición nas carreiras
Foros de debate / O Circuíto 2023
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Admin

Adm
Adm
7/11/03
1 Carreiras
3129 Mensaxes
Galicia
Respostar citando Envío Mar, 20 Dec 2022, 15:28
Asunto: Probas puntuables e prezos de inscrición nas carreiras

Boas a todos. De cara a retormar un posible Circuíto de cara ao 2023, gustaríame ler as diferentes opinións que haxa sobre un tema que mudou moito nos últimos anos. Trátase do prezo de inscricións nas carreiras.

Cando naceu o Circuíto isto non era algo que se planteara porque a grande maioría das probas eran gratuítas ou con cotas de inscrición asumibles. Agora, en cambio, aínda con máis corredores e empresas involucradas, esas cotas subiron moito. A idea do Circuíto sempre foi que fora popular e asequible e, con esas inscricións, participar en 15 ou 20 carreiras ao ano pode saír moi caro.

A consulta é se deberíamos limitar as probas puntables a aquelas que teñan uns prezos máis populares ou non. Por exemplo, todas aquelas que custen máis de 10 euros deixalas fora, para así seguir mantendo ese espíritu popular tamén a nivel económico.

Graciñas de antemán polos vosos comentarios.
AJACAST

Montañés
Montañés
19/05/16
0 Carreiras
928 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 20 Dec 2022, 16:02
Asunto: Re: Probas puntuables e prezos de inscrición nas carreiras

RESUCITÓ!!! Y DIGO ALELUYA!!!!
adriangb25

Foreiro infantil
Foreiro infantil
26/05/13
47 Carreiras
148 Mensaxes
Entre Narón y A Coruña
Respostar citando Envío Mar, 20 Dec 2022, 20:14
Asunto: Re: Probas puntuables e prezos de inscrición nas carreiras

Estou de acordo co exposto, admin
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
495 Carreiras
3784 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 20 Dec 2022, 20:16
Asunto: Re: Probas puntuables e prezos de inscrición nas carreiras

A miña opinión é que deberían contar todas independientemente do prezo, é certo que ultimamente algunhas carreiras encarecéronse moito,(tamén os combustibles para desprazarnos), pero ca gran cantidade de carreiras que hai, sempre se pode buscar unha máis asequible económicamente falando.
As medias maratóns quitando a Volta a Ria todas ou case que todas dende xa hai varios anos pasan dos 15 €., polo que imaxino que o dos 10€ será para carreiras de ata 10 Kms.
Un saudo e agardamos que vai adiante o circuito 2023.
Rufino

Montañés
Montañés
10/09/12
0 Carreiras
1042 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 21 Dec 2022, 8:02
Asunto: Re: Probas puntuables e prezos de inscrición nas carreiras

Boas, pois eu realmente non o vexo viable, polo menos nas carreiras de montaña ou trails. Supoñendo claro, que se faga como antes un Circuito de Carreiras de Montaña.
A inscripción de calquera trail ou proba de montaña de distancia mais curta (14/15 kms) xa supón mais de 10 €. Ademáis, as que mais puntuan (ou puntuaban antes) son os maratóns e ultras. Limitando as probas que puntuen a aquelas de menor inscripción/distancia se está a favorecer na puntuación @s mais rápidos en distancias curtas que moitas veces non son @s que participan nas distancias longas.
A maiores, está o feito de que xa hai xente inscrita en probas para o 2023 (Quiroga, Camelia, Arousa Neo, Toxiza, etc...) Se agora poñemos outras probas que puntuen na mesma data estamos limitando a esas persoas a posibilidade de competir no Circuito.
Persoalmente creo que tod@s xa temos a idade suficiente para poder valorar se nos compensa ou non o esforzo económico de participar en mais ou menos probas.
Un saudo e ánimo.
OrEK

Maratoniano
Maratoniano
7/01/18
99 Carreiras
500 Mensaxes
Lugo
Respostar citando Envío Mér, 21 Dec 2022, 10:46
Asunto: Re: Probas puntuables e prezos de inscrición nas carreiras

Concordo con Rufino, xa hai limites abondo como para poñer mais.
Cada un...
orion764

Foreiro Senior
Foreiro Senior
30/11/13
18 Carreiras
830 Mensaxes
Santiago Compostela
Respostar citando Envío Mér, 21 Dec 2022, 21:52
Asunto: Re: Probas puntuables e prezos de inscrición nas carreiras

Que gran noticia que vuelva a haber circuito, era una de ls cosas que más me motivaba.
Yo no veo lógico limitar las posibles carreras que puntúen en relación al precio de las mismas porque hoy en día casi todas tienen diferentes tramos de precios y entonces tendríamos que decidir apuntarnos con mucha antelación.
Hay tanta variedad y cantidad de pruebas que cada uno seleccionará las que mejor le convengan por precio, cercanía, servicios y/o comentarios de años anteriores.
Pero sean cuáles sean las reglas bienvenido el circuito
Nes

Foreiro Senior
Foreiro Senior
2/07/12
550 Carreiras
622 Mensaxes
Lugo
Respostar citando Envío Xov, 22 Dec 2022, 9:43
Asunto: Re: Probas puntuables e prezos de inscrición nas carreiras

Estoy de acuerdo en que la noticia de la vuelta del circuito es fantástica. Yo creo que lo ideal es que entren las máximas carreras posibles (independientemente del precio), de esa forma creo que cada uno podrá eligir las que más le interese por cercanía, precio, distancia o cualquier otra cosa, pero cuantos más límites o restricciones le pongamos al circuito creo que será peor para el circuito y para todos.
No es más que mi opinión, de todas formas bienvenido de nuevo el circuito.
B1cho

Novo foreiro
Novo foreiro
16/05/19
10 Carreiras
35 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 22 Dec 2022, 12:49
Asunto: Re: Probas puntuables e prezos de inscrición nas carreiras

Eu creo que poñer limite economico as probas que formaran o circuito estaría ben. Seria moito máis economico para os corredores e incentivaria a participación en probas na que os organizadores esforzanse en facer probas asequibles que acerquen o deporte a xente en xeral. Por outra banda, tamen seria un incentivo a organizadores que rebaixen un pouco o precio, porque saben que acudiran mais corredores a sua proba.

Nos trails xa e outro tema, pero ainda así hai probas de trail moi economicas e outras que "se tiran de la moto"
OrEK

Maratoniano
Maratoniano
7/01/18
99 Carreiras
500 Mensaxes
Lugo
Respostar citando Envío Xov, 22 Dec 2022, 13:06
Asunto: Re: Probas puntuables e prezos de inscrición nas carreiras

Si pero poñer coto as probas por prezo, ten a contraparte que igual a proba é mais barata pero o meu desplazamento é mais caro.. ou a data da barata vai peor...
ghose

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/01/20
0 Carreiras
427 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Xov, 22 Dec 2022, 15:04
Asunto: Re: Probas puntuables e prezos de inscrición nas carreiras

só lembrar, que seguro que o tedes presente, que o Circuito era para botar unhas risas e tal, non para ser exemplo de equidade, xustiza (deportiva), etc.

Un criterio é normal que o haxa, polo que é de agradecer que se consulte ao respecto.

Dito isto, alégrome de que haxa intención de facer un Circuito.

Est.2008 mastodon.gal - Libros "Run&Endurance"
Admin

Adm
Adm
7/11/03
1 Carreiras
3129 Mensaxes
Galicia
Respostar citando Envío Xov, 22 Dec 2022, 15:12
Asunto: Re: Probas puntuables e prezos de inscrición nas carreiras

Moitas grazas a todos por aportar o voso punto de vista sobre este asunto. Non se trata tanto de poñer límites, que ao final a ninguén nos gusta, senón de axustarse a realidade económica actual e que isto sega sendo un xogo asequible para a maioría dos corredores.

Dende sempre no Circuíto houbo participantes aos que non lles importou facer 50, ou 100 quilómetros, de desprazamento a maiores porque unha proba puntuaba máis. Pero iso é un opción persoal de cada quen.

No tema das inscricións o vexo diferente porque é algo obrigatorio para poder participar e, ademais, entendín sempre as carreiras populares como un deporte para todos, no que non é preciso federarse, nin estar nun club, nin nada polo estilo.

Agora imos camiño de ser un dos deportes máis caros sen, ao meu parecer, unha xustificación en moitos casos para ese aumento de prezos. Deixo no adxunto o cartel dun torneo de golf actual para que comparedes prezos Angel
Rufino

Montañés
Montañés
10/09/12
0 Carreiras
1042 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 22 Dec 2022, 17:12
Asunto: Re: Probas puntuables e prezos de inscrición nas carreiras

ghose escribió:
só lembrar, que seguro que o tedes presente, que o Circuito era para botar unhas risas e tal, non para ser exemplo de equidade, xustiza (deportiva), etc.

Un criterio é normal que o haxa, polo que é de agradecer que se consulte ao respecto.

Dito isto, alégrome de que haxa intención de facer un Circuito.

Boas, certo que o Circuito é para botar unhas risas, pero dende o momento en que hai unha clasificación xa estás poñendo un punto de competividade.
E se queres que todo o mundo poída competir nas mesmas condicións tés que darlles a tod@s as mesmas oportunidades, é decir, diferentes tipos de probas.
Ademais, como valoras se unha inscripción e cara ou barata.?
Por exemplo, se na mesma distancia, hai duas probas é unha costa 10 € a maiores, pero tés comida final e unha boa bolsa do corredor moi completa ó final cal é mais cara.
Por exemplo, no caso dos trails, hai certas probas que aínda tendo a inscripción mais elevada que outras da mesma distancia, sexa pola beleza do trazado, organización.... xa teñen mais participación que outras probas aínda sendo mais caras.
De todas maneiras grazas por intentar retomar o Circuito e un saudo.
Tartarugo

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
13/07/07
150 Carreiras
1153 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 22 Dec 2022, 21:34
Asunto: Re: Probas puntuables e prezos de inscrición nas carreiras

Como antigamente, voto por que se inclúan todas as probas nas que as organizacións estean dispostas a colaborar co circuíto e que cada quen escolla a cantas quere/pode ir . E benvida sexa a proposta de retomalo, só isto xa é unha noticia interesante... Pensando

Se eu puiden, ti tamén...
JoeRace

Maratoniano
Maratoniano
11/09/06
1111 Carreiras
421 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 24 Dec 2022, 5:53
Asunto: Re: Probas puntuables e prezos de inscrición nas carreiras

Teniendo en cuenta que el precio de una carrera nunca es solo el precio de la inscripción a la carrera, no le veo mucho sentido a limitarlas por su precio de inscripción. Correr una Vig Bay no supone un mayor coste económico para alguien de Vigo que inscribirse y poco más. Correr la C21 para esa misma persona (o viceversa) puede suponer la inscripción + desplazamiento+ pernoctar + cenar y comer fuera de su domicilio habitual. Así que al final una prueba son 22€ y la otra son 100€ o más. Salvo contadas excepciones las pruebas no son demasiado caras en comparación con esas mismas distancias y organizaciones fuera de Galicia. El precio de algo y su valor intrínseco no tienen porqué estar relacionados. ¿Qué valor le das a preparar la C42? Pues 5 o 6 días a la semana de entrenamiento + plan de entrenamiento y nutrición+ fisio regular+ un largo número de variables. Dentro de esa cuestión (todo lo que implica preparar y correr una maratón) el precio de la inscripción pasa a ser casi irrelevante. 30€ o 50€ si decides preparar una maratón cerca de casa no suponen mayor diferencia en el cómputo global. En resumen, limitar por precio de inscripción en un circuito no le veo demasiado sentido.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos