Mér, 08 Feb 2023, 11:50
Asunto: Re: Probas puntuables e prezos de inscrición nas carreiras
Ola
Fino. Hai un límite de probas por tempada e participante, este ano é 20 porque a duración é a de
'medio circuíto', pero habitualmente son 40. Isto fíxose así para darlle maior emoción as clasificacións.
Antes xa sabías case de antemán os primeiros postos da clasificación, pois xente que pode permitirse 50 ou 60 probas por ano destacábanse moi pronto nos postos altos. Despois de poñer ese límite a competición gañou en emoción porque desapareceron esas diferenzas tan grandes de puntos.
Sobre o que comentas sobre as
carreiras 'grandes' (en número de participantes ou presuposto, supoño) pois depende de como sexa a organización. Por exemplo a
Vig-Bay xa respostou e está incluída no Circuíto, cousa que non o precisa para nada (levan case 2.400 inscritos a día de hoxe). En cambio dos de
Coruña 21 (deportes@coruna.gal) levamos máis de 10 días esperando unha resposta... probamos na secretaría da FGA como coorganizadora e tampouco nada...
É un pouco frustante non recibir resposta dunha proba, como o
Coruña 21, no que gastan 145.000 € de cartos públicos. Incluila no Circuíto non custa nada, só enviar a clasificación despois da proba