Kurty escribió: |
Xa había tema aberto, Deberíamos mirar se xa está aberto antes de abrir un novo, xa que estaba na 2ª páxina. A min quédame moi lonxe para facer unha distancia tan curta, pero gustaríame voltar a facer a Media Maratón Volta a Ría de Betanzos se a organizaran novamente. Saudos, www.correrengalicia.or...mp;t=22874 |
JulioVázquez escribió: |
Moi boas. O percorrido comeza na Praza do Concello. Báixase a Rúa do Castro, pásase polos Soportais da Praza do Campo, Rúa dos Anxos. Até aquí todo foi baixar. Despois vaise pola Cañota e a Tolerancia. Todo cha. Entramos polo arco da Ponte Vella hacia a Rúa da Cerca, aquí pica para arriba. Seguimos cara a costa curta que vai cara a fonte de Santa María. Baixamos cara o arco da Ponte Nova. Agora vén moito terreo cha. Pola Ribeira, Malecón, Galera, Carregal e Pasatempo. Entramos na Condesa onde hai unha pequena costa. De volta ao Pasatempo. Cruzamos unha ponte peonil e imos cara á Jesús García Naveira que vai ser a costa máis dura. Logo cara á Praza do Campo. Logo a subida da Porta da Vila. Pasamos polo Antecastro ( Rúas Travesa, Pescadería, Torre e Nova). Un terreo bastante cha. E por último a subida da Rúa do Castro. Non se abusa das costas. En números. 5890 metros, 54+ 54- |