xpab escribió: |
Boas, pois é camiño de Santiago, así que, tal e como comentan no regulamento, asfalto + terra moi pisada. Eu corrino o ano pasado e non me pareceu excesivamente duro (no perfil -se non trocou dende o ano pasado- vese como se sube ó principio e se baixa ó final). Eso si, o ano pasado fora pola tarde e apretaba algo o calor. Ó final da carreira, creo recordar que baixas un bo tramo, pero hai que reservarse para nos últimos metros subir as escaleiras e repeitos de Portomarín.... Por outra banda, todo moi acolledor e ben organizado (tema buses, avituallamento, etc). Tamén ten o seu aliciente ir adiantando peregrinos (ó ser pola mañá, seguro que hai máis que na primeira edición). Deixoume bo sabor de boca, como para repetir, ainda que por razóns externas á carreira, non sei se o farei este ano. Tamén vexo que hai premio para os tres primeiros, co cal é posible que suba o caché (éramos pouquiños e pouco "crack"), xa que non lembro que pagasen nada o ano pasado (non estou seguro...). Espero que este mini-resumo che servise de orientación |
xpab escribió: |
Pois non lembraba eu o dos premios (supoño que é o que ten non aspirar a meterse a disputalos ... quedando de 6º, vin moooi lonxe o podium), pero eso tamén explica que, aínda sendo pouquiños, algún "máquina" fose da partida. Eu penso que era mellor o horario de sábado-tarde como o ano pasado. O deste ano obriga a madrugar bastante ou a pillar aloxamento na zona se vés de un pouquiño lonxe. En canto ó de "bonita", pois as comparacións son odiosas e vaia por diante que nunca corrín a Palas-Melide, pero estimo que -en canto a traxecto- non debería ser moi diferente, por eso non entendo o aparente pouco tirón que ten esta proba. O dito, a ver se se animan as inscripcións para ter un bo ambiente -todavía queda moito- e, xa por pedir, que acompañe o tempo. |
Nes escribió: |
Pues claro que me sirvió. Veo que las zapas serán las de asfalto y que lo duro esta al principio (sacando el pueblo de Portomarin). Muchisimas gracias por tu explicación. |