Lun, 13 Feb 2023, 20:50
Asunto: Re: CORUÑA 21
Pois rematada unha vez máis esta media, eu doulle un notable a mesma.
Empezo polo que non me gustou, que foi o 1º avituallamento, xa que o serviron en vasos e os 2/3 voluntarios que había non daban feito para encher os vasos, eu tentei coller 2 na mesa e ambos estaban baleiros, tampouco me facía falta beber, xa que debía ser o Km 6., tirón de orellas para a organización por este motivo.
Tema caixóns, esta organización coma a maioría, deberían solicitar que a xente acreditara marca para asignar caixóns, xa que cada un pode poñer a marca que lle pete e situarse mal.
De todas maneiras, eu salín do caixón 3º hacia atrás, tardando 37" en pasar polo arco, e despois do Km 1 xa puiden correr sen atrancos.
Onte non era o día idóneo para min, para correr, xa que dende o mercores teño obreiros na casa e eu estou de peón polas tardes, e ademáis o sábado tivemos unha comida multitudinaria na casa.
Así que cas pernas xa cargadas e poucas horas de sono cheguei ca familia co tempo xusto a Coruña, para recoller o dorsal, prepararme e deixar as cousas no gardarroupa, 3 minutos de quecemento moi suave e para o caixón.
Salida lenta e 1º Km. para quentar en 4'49", despois fun aumentando o ritmo pouco a pouco, adiantando corredores todo o tempo, pero sorprendido co rendimento e o pouco cansancio que manifestaba conforme pasaban os Kms. O 10 polo meu crono en case que 47 minutos.
Así que seguín ca miña dinámica de seguir aumentando o ritmo. Rematei moi ben a derradeira subida ata a casa do peces, e para baixo, Km. 19 en 4'02", o 20 dábanos algo o vento e como o meu gps, marcoume moitos mts de máis ralentizei un pouco ese Km., en 4'21" e o 21 en 3'58", e os centos de mts. que quedaban a un ritmo similar, para 1h36'49" oficial.
Despois paseo e tomar algo nunha terraza, para ir comer, xa que tiñamos reservado, e a botar a tarde pola Coruña e o Portiño.
Un saudo