Dom, 19 Mar 2023, 12:51
Asunto: Re: Diario de Meigalicix
Crónicas da favela: "Carreira nocturna de Ourense"
Esta sexta semana da campaña de primavera tomeina con moita calma. Non cheguei a botar man do celecobix, pero si do Voltaren, coidando o posible o xeonllo esquerdo.
Limiteime a facer só un par de saídas curtas o martes e o xoves. Os 5 km escasos que van por Ríos, as 4 pontes e o tramo de volta pola Vía Verde.
O fallo unha vez máis foi non facer exercicios de reforzo de glúteo e cuádriceps.
Con este escasísimo equipaxe atlético marchei sábado pola tarde para Ourense.
Tampouco importaba moito, pois isto ía ser só un paseo pola beira do Miño con
Lúameiga e
Aurora, aireando un pouco a camiseta do Carma e o logo do Trigal.
Coas presas de organizarme para chegar a tempo para a recollida de dorsais, esquecín recordarlle a
Papa-Léguas que efectivamente ía cumprir a miña promesa de ir á Nocturna.
Pero non fixo falta: nos momentos previos á tomar saída na Ponte Vella, foron
Mato Grosso e
Papá-Leguas os que deron conmigo e se achegaron a saudar. O primeiro reencontro deste ano. Xa non era sin tempo.
Logo de contado marchamos cada quen a ocupar posicións.
Eu no furgón de cola por si acaso, a ver o que daba de sí a perna esquerda.
Durante os primeiros 5 kilómetros
Aurora, Luameiga máis eu fumos unha máquina de adiantar perfectamente acompasada, sin presa pero sen pausa. Pero chegou un momento en que
Aurora se viu forzada e preferiu quedarse atrás.
Luameiga máis eu fumos tirando a ritmo constante, ela moito máis ca min , a verdade. Menos mal que sempre había unha pequena costa abaixo que me permitía volver a poñerme sempre na súa estela.
Afeita como estou a entrenar un maximo de 9 km, teño que confesar que o km 15 resultoume duro, psicoloxicamente, e porque os glúteos non daban máis de si.
Pero por fin logramos subir as rampas e chegar a meta,
Luameiga turrando de min e levandome da man por debaixo do arco. Unha crack de compañeira, a bo fe.
A poucos minutos chegou tamén Aurora, e estivemos un pouco de tempo dando voltas, pillando bebida e froita e comentando a xogada, contentas de polo menos ter rematado vivas.
E xa logo tocou facer camiño de volta.
Eu quedei en Ourense, en casa dunha compañeira.
Estaba saindo da ducha e preparándome para ir dar unha volta cando vexo que hai varias mensaxes agardando no móbil :"Moza, que quedaches de primeira da túa categoría" "Moza, como se te ocurre marchar sen ver as clasificacións"... A ver, xentiña, facer os 15 kilómetros a ritmo de 5:26 non está mal para as miñas actuais posibilidades, pero non é algo que en principio garantice podium, digo eu...
Total, que rematei de vestirme sen secar o pelo e ala marchei coa miña colega de volta ao centro comercial Pontevella.
Cando chegamos xa estaban todos os chiringuitos desmontados, e as caixas entrando na furgoneta da organización.
Pero a dos trofeos aínda estaba fora. E así no límite conseguin recoller o de campiona das veteranas C.
Para ser unha simple xornada de paseo coas colegas do equipo, como un entreno máis previo á Vig Bay, o resultado foi inesperado... Pero a quen lle amarga un doce, non si?
A ver se as sorpresas do vindeiro domingo son igual de agradables
drive.google.com/file/...p=drivesdk
( PD: Xa esquecín como se poñen fotos neste lugar
)
Última edición por Meigalicix o Mar, 21 Mar 2023, 15:51; editado 3 veces