Lun, 07 Nov 2022, 10:48
Asunto: Re: Corresan 2022
Boas, segunda participación nesta proba.
Ó meu ver o lado positivo é o trazado, xa que poder dar un par de voltas por dous referentes de Stgo como son a Alameda e parte da Zona Vella está bastante bén, sumado a que e de noite creo que lle da un plus e fan dela unha proba bastante bonita. (outra cousa é que o trazado sexa mais ou menos duro).
Pola contra, como cousas negativas primeiro está o feito de que a falta de chegar case a metade dos participantes se acabaran as augas. É unha falta de previsión imperdonable.
Ademáis, había un bolardo automático sen senalizar correctamente antes de entrar na Alameda o cal dou como resultado varios sustos, caídas e unha persoa no hospital. Despois, antes de dar a segunda volta xa había alguén da organización avisado.
Outro tema é o do gardaroupa, xa que se nunha proba como a Sant Yago co dobre de participantes o teñen sen problema, non entendo como nesta non é posible. Hai unha zona como son os soportais do Concello na mesma praza onde é a saída e a meta que se presta perfectamente para tal uso.
Por último, en anos anteriores @s inscritos no Circuito se lle regalaba a inscripción na San Silvestre cousa que éste ano non pasa.
Aínda que a organización sexa nova, é un circuito mais que testado e simplemente se trata de recoller o testigo.
Un saudo.