Lun, 27 Mar 2023, 20:10
Asunto: Re: XXII Medio Maratón Gran Bahía VIG-BAY. 26 de marzo de
Imos ca crónica da miña edición especial da Vig-Bay, xa que como comentei hai días, onte corrín a miña 150 media maratón e a organización ademáis de facilitarme o dorsal 150, como lle solicitara, agasalloume cun trofeo conmemorativo (moi bonito por certo) por este feito.
Como quedara cedo cos reporteiros do programa da TVG, Latexos da cidade, tocou durmir poucas horas, xa que teño 1h20' ata Samil. Eu pensei que me ían facer unha pequena entrevista, pero dentro da reportaxe sobre a Vig Bay a min fixeronme un seguimento en diversas fases da mañán, (chegada, recollida de dorsal, no meu caixón de saida e xusto o chegar a meta).
Por ese motivo, decidín facela carreira en plan reservón, non fora a ser que chegara dando lástima a meta,
.
Esta media deseaba disfrutala pola conmemoración en sí e por que dende o 2017 non puidera participar, sempre por lesión ou coma todos o covid. Así que saida relaxada en Samil e avanzando pouco a pouco, para tenta coller un ritmo uniforme durante toda a carreira e asi foi, primeiro en 4'37" e o segundo e terceiro a 4'30", ritmo obxetivo, agora tocaba o tramo continuo de subida, ahí sorprendinme despois da carreira, xa que marquei os 3 a 4'41". os seguintes que son favorables ata o 11 entre 4'27 e 4'31", vou moi relaxado, disfrutando cada momento e xa levo máis da metade da media, agora toca restar Kms. ata o final. Encantábame visualizar na miña mente os tramos que ian vir cun pouco de antelación, pese os 6 anos que levaba sen correr recordabame de case todo o percorrido o detalle.
Tramo de transición ata chegar a monte Lourido, outro punto difícil da proba, 15 e 16 a 4'40, pero costoume un pouco o derradeiro tramo de subida, toca baixar onde están os gaiteiros coma todos os anos, e só queda ese tramo pequeno de dura subida e encarar outra vez a estrada ata Baiona, ata o 18 fun cómodo nos tempos prefixados, pero a partir de ahí empecei a notar un pouco de baixón , así que toca regular, saindo entre 4'35 e 4'37", sen exprimirme demasiado no derradeiro xa que estaban gravando os da TVG a miña chegada e quería levar boa cara ou eso espero, 1h37'31" oficial.
Darlle as grazas a organización e a todos os que colaboraron na mesma, polo gran despliegue de medios humanos e materiais que fan falla para que saia adiante.