Sáb, 25 Mar 2023, 11:37
Asunto: Re: III Clásica Gandeira Santa Comba 02/04/23
Eu corrín a 1ª edición no 2019, non sei se seguirá sendo o mesmo percorrido, vouche poñer parte da crónica que fixen no seu momento. Eu se remato mañán a Vig Bay sen incidencias posiblemente me anote.
"Saida moi fluida xa que eramos sobre 200, eu da parte media hacia atrás, 2 primeiros Kms. moi rápidos, xa que son chans e despois basicamente en baixada. Saenme a 4'30 de media, e a xente adiantándome por todos lados, eu sei que non estou para estos ritmos e xa o pagarei maís tarde.
Despois ven unha constante de subidas e baixadas, alternando asfalto e pistas de terra moi corribles, no Km. 3 despois dunha subida, paso pola explotación gandeira, as vacas como é lóxico nen caso nos fixeron. Pensando 4'42" este km. e o seguinte en 4'39,
Km. 5 en 4'37 e toca regular, xa que non vou tan cómodo e no avituallamento aproveito para recuperar e sae en 4'48" e do 6 ao 7 unha longa subida, que ainda que non é moi empìnada, faixe notar xa que o sol empeza a facer mella 4'54".
Pero a partir de aquí xa empeza o peor do percorrido, xa que debemos ter unha subida que debe durar ben 1'500 e remata case que no 9, sendo a sua parte final moi dura, indose eses 2 kms. a 5'04 e 5'27" eu subindo bastante fundido, os Kgs. de máis e a falta de adestramentos son a miña penitencia neses 2 kms.
Pero como xa parecía polo perfil que colgaron, a distancia non se aproxima aos 10 Kms. e quedanse polo meu GPS en 9'200, e os dos compañeiros dou similar. "