xpab escribió: |
Pois acábome de inscribir e no regulamento pon que está homologada e que é un circuíto urbano e rápido. Eu, polo que coñezo da zona, penso que si que pode ser rápida. Non sei se se me escapa algo que a poida facer máis lenta... quizais o vento? Senón, ou moito me equivoco, ou penso que podería converterse nunha referencia para acadar marca a nivel galego. Estráñame a pouca expectación por agora, e non vin ningún "máquina" inscrito (dos que eu coñezo; que ninguén se me ofenda ). Se alguén o está a pensar, o día 27 aumenta de prezo. |