Mar, 09 Mai 2023, 6:49
Asunto: Re: II CARREIRA POPULAR CONCELLO DE COSPEITO [07/05/2023]
No meu caso e doutras dúas persoas que me acompañaban no segundo avituallamiento
desviáronnos por onde non era, ao cabo de 500 metros viñeron avisarnos en bicicleta de que tiñamos que dar volta... co cal no noso caso recorrimos case 16 kms de proba en lugar dos 14.5 oficiais... ademáis de eso, unha vez xa na meta cada persoa que chegaba facíao por un camiño distinto dende a da Lagoa (
os primeiros en chegar fixerono sen pasar por o desvío da Lagoa, co cal recortaron 500m...) vamos, que a clasificación queda totalmente desvirtuada (sen por en dúbida o esforzo de ninguén, ao contrario, cada un foi por onde o mandaron...).
Eu creo que hai cousas que non poden ocorrer inda que estas probas se fagan dende a boa vontade ou con fins benéficos porque quítanlle as ganas á xente de ir,
os voluntarios/organización deberían saber ben o recorrido e deberíase sinalizar mellor (en zonas de pista as frechas poden quedar tapadas por a grava ou a maleza) así como publicar o recorrido de antemán para que non haxa dudas. Nunca me pasou algo así nen en probas de trail onde a sinalización e recorrido é moito máis complexo.
En fin, espero que se tomen en conta os erros e se corrixan en futuras edicións.