Dom, 16 Abr 2023, 21:31
Asunto: Re: 10K Deputación da Coruña [16/04/2023]
Rematada a proba toca facer unha valoración da mesma e pola miña banda bastante negativa.
Semellante dispendio de cartos públicos, polo que me dixeron unha cantidade moi elevada, para traer a unha ducia de atletas de gran nivel, que a parte de gañar os premios monetarios por postos imaxino que terían un fixo de saida. Demorouse a saida sobre 10 minutos, xa que fixeron unha presentación dos mesm@s.
Esta carreira había que encaixala como foxe no calendario e despois de poñela no calendario para o domingo pola mañán houbo que cambiar o horario xa que pola mañán houbo a procesión, creo que do cristo resucitado con saida no campiño de S. Francisco.
Así que horario nefasto para correr, un domingo pola tarde e por riba xuntousenos un calor abafante para estas datas, o lóxico non sería facer o 5 K. as 16:30 ou a andaina de 2 k.? e deixar o 10 K. para unha hora despois?. Menos mal que a concelleira de deportes foi unha gran atleta e sabe desto.
Sobre o percorrido, a maior parte do mesmo super despexado, polo que nos bateu o sol de pleno, moitos abandonos e moitos corredores camiñando nas costas. Non é excesivamente duro, pero son 2 voltas cas correspondentes subidas.
Un só avituallamento en vasos pequenos, pareime para non desaproveitar nen unha gota do mesmo, vista as condicións climatolóxicas podían ter posto outro o final de Galeras.
De 598 inscritos só rematamos 316, como xa dixen bastantes abandonos e multitude de non presentados, o ser gratuita tamén influe nestos casos.
Un gran avituallamento final, con froita, galletiñas e auga outra vez en vasos, eu cheguei pola metade e fixen unha gran cola ata que puiden beber, os compañeiros do clube Noitebra non daban abasto para encher os vasos, menos mal que despois había outro deles cun garrafón e podíamos repostar, sen ter que facer a cola outra vez.
A miña carreira, sobrevivin,
como tiña unhas molestias no xemelo, esta vez o esquerdo, o obxetivo facela a 5' Km. asi que sain case de atrás de todo sen quentar nada e fun correndo por sensacións, xa que ademáis non carguei o gps, polo que fun sen referencias e tempo oficial mallado en 49'52".
Un saudo.